• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

MONDOÑEDO

O Concello ampliará o Camiño de Fondoso

A alcaldesa, Elena Candia, asegura que a actuación está garantida

Camiño Fondoso

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 15:18

O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de presentar un anteproxecto para solicitar unha axuda da Xunta co obxectivo de ampliar a anchura do coñecido como ‘Camiño de Fondoso’, entre a intersección coa N-634 ata chegar ao solo rústico.

As actuacións emprázanse nos primeiros 180 metros do camiño que une as poboacións de O Vilar e Valiño co núcleo de Mondoñedo, coñecido como Camiño de Frondoso. O importe total desta actuación é de 70.355 euros.

A alcaldesa, a popular Elena Candia, agarda que este proxecto poida ser financiado con cargo ao Plan Hurbe, no caso contrario, correría por conta do Plan Único que promove a Deptuación de Lugo, “de xeito que a actuación está garantida”.

O proxecto será consensuado cos socios da asociación A Pradieria e contactouse tamén cos propietarios dos inmobles afectados, a quen aproveita para agradecer a boa acollida e a súa colaboración.

O obxectivo fundamental da actuación é o de mellorar as condicións do camiño, que na actualidade é moi estreito e atópase limitado entre un muro de contención e un noiro, dotándoo de maior ancho e adaptándose a aliñación que marca o plan xeral de ordenación municipal do Concello de Mondoñedo.

A actuación sitúase integramente en solo urbano, o ancho total do camiño previsto no plan é de 12 metros entre os bordes.

Mellorar as condicións de seguridade

O camiño actualmente é empregado por todo tipo de vehículos particulares, agrícolas e mesmo camións que acceden ás naves industriais próximas, pero as súas dimensións e o seu estado non permiten o cruce de vehículos en condicións de seguridade.

A ampliación prevé mellorar a drenaxe, alcanzar 6.5 metros de calzada e corrixir as deficiencias do firme actual, así como as condicións de seguridade en xeral.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar