Boletín

Foz

El carnaval de Foz se inicia el sábado con la cena de coronación de la Reina y finaliza el 8 de marzo

El pregonero del carnaval focense será Cerar Rodríguez González "Cesarín"

Presentación carmaval 2019 en Foz

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 08:43

 O Concello de Foz presentou o seu programa do Entroido 2019. Os actos darán comezo o 16 deste mes coa cea de coroación da raíña e seguirán o día 28 co Xoves de Comadres. César Rodríguez González, coñecido como Cesarín, será o encargado de dar o pregón o 1 de marzo e o día grande será o 2 de marzo, data na que se celebrará o tradicional desfile do Entroido no que se repartirán máis de 7.000 euros en premios. As actividades seguirán ata o 8 de marzo.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, que estivo acompañado na presentación polo concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, anunciou que “O Entroido de Foz, que comezará os seus actos o próximo sábado 16 de febreiro, coa cea de coroación da raíña do Entroido. É un éxito máis de participación, con máis de 800 entradas vendidas, e esperamos chegar case ás mil entradas. Amenizarán ese día a Disco Móvil DJ Puzzle e o grupo de batukada local Perkusiona”. O rexedor engadiu que “o xoves 28, xa achegándonos máis aos días de Entroido, será o Xoves de Comadres, ás nove e media da noite no restaurante Leytón, organizado por AFAMMER e a Asociación de Amas de Casa de Foz. Metidos no Entroido, o venres 1 de marzo, na Sala Bahía, teremos o pregón, ás oito da tarde, a cargo de César Rodríguez, que todo o mundo coñecemos por Cesarín e é un daqueles míticos antroideiros que iniciaron os desfiles en Foz con moitísima tradición. Tamén o venres, ás oito e media, haberá o típico concurso de coplas”. Javier Castiñeira sinalou que “o sábado 2 de marzo será o día grande. Ás dez da mañá daremos o fogonazo e durante todo o día haberá charangas polas rúas de Foz. Ás cinco da tarde empezará o 38º desfile do Entroido, que é o acto máis importante do Entroido de Foz, onde se reparten máis de 7.000 euros de premios. Ás once e media da noite será o gran baile, no que se entregarán eses premios, e amenizarán o baile as orquestras Finisterre e Nazaret. As entradas son a 6 euros e os que participan no desfile terán unha bonificación”. O alcalde explicou que “o domingo é o Día dos Nenos, ás cinco de tarde, na Sala Bahía, amenizado polo Show de Susana, con inchables e obradoiros infantís, e coa entrada a 3 euros. Pola noite, haberá o Touporroutou, con toda a sátira e toda a crítica, organizado pola asociación A Pomba do Arco, no salón de actos do colexio Martínez Otero. O luns, 4 de marzo, teremos o Día do Entroido co baile típico do farolillo, ás once da noite, coa orquestra Os Alcántara e a Disco Móvil Decibelios, tamén nos acompañará o DJ Dani Rego, e a entrada será 3 euros. O martes, 5 de marzo, na Sala Bahía, organizado pola Asociación de Amas de Casa, teremos un baile con inchables para os máis pequenos. O día 8 queimaremos xa o Entroido, esperemos que con toda a satisfacción de ter pasado uns días estupendos. Ás dez da noite sairemos, como sempre, dende Campo da Cabana ata o peirao, alí queimaremos o Entroido e teremos un pequeno ágape para todos os asistentes”. Javier Castiñeira quixo “agradecer a todas aquelas persoas que se involucran nisto porque a verdade é que sen a súa participación sería imposible e eles fan que este sexa un dos mellores entroidos da Mariña. Tamén agradecer a Sempre Foz, que está aí para botar unha man na organización, que é fundamental para poder levar a cabo tal cantidade de actividades”.

Lo más