• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

BURELA

Budiño+Bonito=Festa!!!

O gaiteiro actuará o 3 de agosto na nova Festa de Interese Turístico Nacional do municipio

O concerto será de balde, e dende o concello burelao agardan "que a aposta saia ben"

O gaiteiro Xosé Manuel Budiño, en concerto

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 15:31

Xosé Manuel Budiño actuará o 3 de agosto en Burela na Feira do Bonito, declarada de interese turístico nacional hai uns días. O concelleiro de CulturaJosé Díaz, subliñou que o obxectivo do equipo de goberno é apostar polos artistas galegos para esta cita.

O edil burelés anunciou que “para a Feira do Bonito deste ano, que é a número trinta e cinco e que como sempre organiza Ledicia coa colaboración do Concello, decidimos traer a un artista moi representativo de Galicia, un gran artista ademais e diferente. Trátase de Budiño”.

José Díaz explicou que “é un compositor bastante atípico porque mestura a tradición galega con sons máis contemporáneos. Ten unha personalidade propia e moitos seguidores. Hai bastante tempo que non actúa pola nosa zona e pensamos que é unha boa idea para reforzar a programación cultural e musical neste caso da Feira do Bonito”.

Estrea do novo distintivo

O concelleiro lembrou que “este ano é o primeiro ano que faremos a festa sendo de interese turístico nacional e ese feito reforza aínda máis o obxectivo de traer artistas nosos, con nome e importantes pero nosos, de Galicia. Está ben que ao ser de interese turístico nacional traia moita xente de todo o país, incluso a nivel internacional, e que o que se vexa sexa representativo noso, que sexa tamén unha especie de feira de mostras cultural de Galicia tanto no aspecto artístico co certame de pintura mural Amarte como na parte musical dotándoa deste tipo de actuacións”.

Díaz engadiu que “Budiño actuará o 3 de agosto, día grande da Feira do Bonito, ás dez da noite, na carpa que instalará o Concello na que se fará tamén o pregón. O concerto é gratuíto e esperemos que esta aposta polo galego saia ben, e que a Feira do Bonito teña moita xente que esperamos para a parte gastronómica tamén para a parte musical con este concerto de Budiño”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar