• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Cervo

El BNG recuerda que el Gobierno Local no hizo caso de Cultura para paralizar las obras en la Atalaia

Para los nacionalistas lo que está vendiendo Villares para recuperar el Castro es lo contrario de lo que hizo su partido en 2006

Fue el BNG quien denunció ante las autoridades de Patrimonio y frenó la construcción en esa zona de San Ciprián

Castro de A Atalaia

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 08:43

320.417 euros vai ser o custo para a veciñanza de Cervo de dar a volta ao que foi unha decisión do goberno local do PP: outorgar en novembro e decembro de 2006 e abril de 2007 licenzas a unha promotora para construír 100 vivendas na zona da Atalaia en San Cibrao malia saberen da existencia dun xacemento arqueolóxico moi importante, que primeiro negaron e despois colaboraron en destruír en parte ao dar 4 días de marxe ao promotor para que o esbandallase mentres o alcalde gardaba nun caixón do concello a orde de Patrimonio para paralizar a desfeita. Se o PP de Cervo tivese menos avaricia especulativa na Atalaia hai 12 anos, hoxe teriamos un Castro e non un esquelete de cemento sobre o que puido ser e non foi. Ibán Sánchez, concelleiro nacionalista, lembrou que “as licenzas de construción na Atalaia non debían terse concedido nunca atendendo ás evidencias documentadas no PXOM de Cervo que recollía a existencia dun asentamento galaico-romano na zona”, un documento que foi remitido á Xunta en 2004 e por tanto tiña carácter formal, algo que o goberno municipal do que formaba parte Villares obviou 2 anos despois ao conceder as licenzas de construción.

A decisión do goberno local para que nesa zona se construísen preto de 100 vivendas foi tan firme que mesmo chegaron a facer caso omiso durante catro días a unha orde de Patrimonio que requiría a paralización das escavacións da promotora que esbandallaron 1000m2 do castro entre os días 4 e 8 de xuño de 2007. “Tampouco foi proclive á conservación do xacemento a decisión do goberno municipal do que Villares formaba parte, de presentar recurso contra a catalogación e inventariado do Castro da Atalaia mediante escrito do 26 de xullo de 2007 dirixido á Dirección Xeral de Patrimonio”, afirmou Sánchez, quen sostén que “todos os pasos dados polo goberno municipal parecían estar dirixidos polos intereses da inmobiliaria e non polo interese público.” De non ser polo BNG e a veciñanza hoxe non quedaría na Atalaia nada que recuperar. Foi o BNG, coa axuda da veciñanza, quen primeiro alertou da destrución do “cuncheiro” do castro nunhas obras que executaba o propio concello tempo antes de concederen as licenzas. Foi tamén o BNG quen denunciou que a concesión de licenzas nesa área tería consecuencias irreparábeis no xacemento. Foi tamén o BNG quen en xuño de 2007 alertou a Patrimonio da desfeita do xacemento e quen de inmediato notificou ao concello a necesidade de parar as obras de remoción de terras que executaba a promotora inmobiliaria. E foi finalmente o BNG, coa axuda inestimábel da veciñanza, quen tivo que frear a saída de camións ante o desleixo do goberno local que tardou 4 días en comunicar ao promotor a orde de paralización coa consecuencia de esbandallar máis de 1000m2 de castro que nunca se recuperarán, diga o que diga agora actual alcalde cervense.

José Manuel Balseiro e Antonio Basanta, dúas persoas con altas responsabilidades na Xunta, defendían en 2008 que a Xunta asumise a compra dos terreos da Atalaia. Hoxe a veciñanza de Cervo, co mesmo goberno que apoian Balseiro e Basanta, terá que pagar do seu peto máis de 300.000 euros para intentar darlle a volta a un despropósito causado, entre outros, por estes altos cargos que nunca asumiron responsabilidade por tal desfeita. Os responsábeis teñen nomes e apelidos Para o BNG de Cervo, Villares, que naquel momento era Tte. Alcalde, é responsábel, xunto co resto da Xunta de Goberno Local naquel momento, da destrución do patrimonio cultural cervense por omisión do seu deber de protexelo e mesmo por colaborar na súa destrución. Daquela Xunta de Goberno, xunto con Villares, seguen tendo responsabilidades políticas José Manuel Balseiro, Antonio Basanta, Pilar Armada, e non esquecemos ao ex-alcalde, José Insua, como máximo responsábel daquel atentado contra o patrimonio cultural colectivo.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2