• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Viveiro

El Ayuntamiento de Viveiro se adhiere al protocolo para la protección de víctimas de violencia de género

 Isabel Rodríguez y María Loureiro copresiden la Junta Local de Seguridad que aprobó la incorporación de Viveiro al Protocolo de coordinación VIOGEN

Junta local de Seguridad en Viveiro

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:04

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, copresidiron a Xunta Local de Seguridade, que celebrou unha sesión na Casa do Concello na que se aprobou a adhesión deste municipio ao Protocolo para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero. A subdelegada do Goberno felicitouse pola celebración desta Xunta Local de Seguridade e agradeceu a iniciativa tomada pola alcaldesa, da que destacou “a sensibilidade que demostra na loita contra a violencia de xénero, que se pon de novo en evidencia coa adhesión ao Protocolo de colaboración para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero”. “A loita contra a violencia de xénero non é unha moda, mal que lles pese a algún, nin é cousa dun día internacional”, remarcou a subdelegada e engadiu que “para deixar de laiarnos cada vez que matan ou agreden a unha vítima, temos que colaborar todos, cidadáns e administración. Ningúen sobra e o traballo cocordinado das forzas de seguridade –ás que aproveito para agradecer o moito que traballan- é fundamental para dar protección e amparo ás vítimas”. Isabel Rodríguez afirmou que “coa súa adhesión ao convenio de colaboración co Ministerio do Interior sobre o sistema VIOGEN, o Concello de Viveiro dá un paso decisivo na protección das vítimas” e considerou que “é moi boa noticia porque as administración locais son as que están más cerca dos cidadáns. Por iso, este Goberno deulle un novo pulo á loita contra a violencia de xénero e unha das primeiras medidas que tomou foi devolverlle competencias na materia aos municipios, dotándoos ademais de recursos económicos”.

FONDOS PARA VIVEIRO

Concretamente, o Goberno transferiu case 155.000 euros aos concellos da provincia de Lugo, dos que 3.500 correspondéronlle ao Concello de Viveiro. No Presuposto Xeral do Estado para este ano estaba previsto duplicar a transferencia de fondos aos concellos para que poidan actuar contra a violencia de xénero. En todo caso, Viveiro vaise beneficiar da prima que teñen os municipios que están integrados no sistema de seguemento integral VIOGEN.

DATOS VIOLENCIA DE XÉNERO

No sistema de Seguemento Integral (VIOGEN), o número total de casos activos de mulleres con domicilio en Viveiro aos que realiza seguemento a Policía Nacional é de 16, dos que 2 están considerados de risco medio, 4 baixo e os 10 restantes de risco non apreciado. O número de denuncias por malos tratos presentadas neste municipio no 2018 é de 26. No que levamos de 2019 presentouse 1 unha denuncia por malos tratos no concello de Viveiro.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar