• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

MONDOÑEDO

Abarrote na catedral para o primeiro concerto do Festival MindoMúsica

O templo quedouse pequeno para o público que se achegou a gozar da música de cámara

Este venres, nova cita no auditorio municipal Pascual Veiga ás 20:30 horas con entrada libre

Primeiro concerto do Festival MindoMúsica na catedral de Mondoñedo

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 11:56

catedral de Mondoñedo quedouse pequena para o primeiro concerto do Festival MindoMúsica, que se celebrou este xoves cunha notable presenza de público.

Nesta ocasión, os intérpretes -Rebeca Maseda e Antonio Viñuales ao violínAlberto Rodríguez á viola, Iván Siso ao violoncello, e Yolanda Fernández ao clarinete - tocaron obras de Wolfgang Amadeus MozartAnton Webern Joaquín Turina, ademáis de varias pezas conservadas no Arquivo de Música da Catedral de Mondoñedo. O concerto levou por título "Unha viaxe de ida e volta".

Ata a alcaldesa mindoniense, Elena Candia, agradeceu públicamente a través das redes sociais o compromiso e a boa resposta dos responsables do festival na persoa da súa directora artísticaRebeca Maseda. "Un luxo; moitas grazas por permitirnos escoitarvos", sinalou Candia.

Nova cita este venres

Aos músicos anteriormente citados, súmase na tarde deste venres a excepcional pianista compostelá Rosalía Gómez, gañadora de numerosos premios internacionais. Neste segundo concerto tocarán obras de Andrés GaosRobert Schumann e Serguéi Prokófiev baixo o epígrafe "Xenialidades varias". A cita, ás 20:30 horas no auditorio municipal Pascual Veiga, con entrada libre ata completar aforo.

Os seis MindoMúsicos

Función didáctica e divulgativa

Ademáis dos concertos, o Festival MindoMúsica tamén inclúe unha parte didáctica e divulgativa. Os músicos participaron o martes nun ensaio aberto cos rapaces da Escola Municipal de Música "O Pallarego" de Mondoñedo, cos que puideron falar sobre as particularidades dos seus instrumentos.

O mércores, fixeron o mesmo a través dun faladoiro público no que trataron asuntos relacionados coa vida profesional dun músicorecoñecemento social e retribución económica en España e Europavías de formación (escolas, conservatorios, formación a distancia...), diferentes itinerarios relacionados coa ensinanza e coa interpretación, etc.

Tamén aproveitaron para ofrecer un adianto do concerto deste venres. No vídeo, podemos gozar da Obertura sobre temas Hebreos, Op. 34, de Serguéi Prokófiev.

Vídeo

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar