• Jueves, 18 de julio 2024
  • ABC

COPE

Lugo inicia o verán como "destino turístico principal" e agardando que non chova...

Os principais xestores do sector a nivel provincial coinciden ao afirmar que cada vez hai máis profesionalidade e calidade nos bares, restaurantes e establecementos hoteleiros

Audio

Baruk Domínguez

Lugo

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 12:30

Aínda que non o parece, levamos xa unhas horiñas de verán, unha estación que comezaba oficialmente este xoves 20 de xuño pouco antes das once da noite, cos rapaces da Selección Española celebrando o triunfo ante Italia e a clasificación para a seguinte fase da Eurocopa...

O caso é que esta última primavera foi, cando menos, rara. Ao comezar cada día, ninguén sabía moi ben que outfit escoller. A opción estrela: a "cebola", capa a capa. Porque as mañás, polo xeral frías, daban paso a mediodías con algunha que outra raioliña e, xa pola tardiña, o habitual adoitaba ser a caída dunhas gotiñas...

Pero agora estamos xa oficialmente en época estival e, nalgún caso, coas vacacións xa programadas e á volta da esquina. Por iso, é esencial "que non chova". Ou iso é o que asegura Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl) e tamén de Hostelería de Galicia.

"As temperaturas poden ser máis ou menos altas, pero que non chova é imporante", asegura.

Se a meteoroloxía axuda, será "un magnífico verán", apostilla.

Audio


De norte a sur (ou de sur a norte)

No tocante a propostas para pasar unhas boas vacacións, temos numerosas opcións de norte a sur da provincia.

Se comezamos pola zona meridional, temos un dos destinos que máis medrou nos últimos anos como é a comarca da Ribeira Sacra, onde a candidatura a Patrimonio da Humanidade da UNESCO de cara ao ano 2026 marca unhas "expectativas que é preciso cumprir".

Esa candidatura está baseada en tres piares: a paisaxe conformada polas ribeiras dos ríos Miño, Sil e Cabe; a concentración de patrimonio románico rural máis ampla de Europa; e a viticultura heroica, que lle dá un valor engadido a un produto xa de por si excepcional como é o viño da zona.

No tocante a propostas, falamos coa xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Alexandra Seara, que nos propón diversos "plans ao fresco" que se poden facer en parella, en familia ou en grupos.

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Para familias, as propostas máis acaídas son os trens turísticos, actividades fluviais, escape rooms ou pícnics en recunchos insólitos; para grupos, temos rutas de sendeirismo, percorridos en BTT e unha gran oferta de festivais cun valor engadido; e para parellas, unha experiencia única son os voos en globo.

Audio


No norte da provincia, A Mariña era tradicionalmente un destino dos chamados de "sol y playa", aínda que o primeiro elemento non adoita estar demasiado presente...

Desde hai uns anos, os xestores turísticos da comarca teñen en marcha un recurso moi interesante: as audioguías ficcionadas.

Trátase dun proxecto pioneiro en España, xa que explican os recunchos e a historia local de cada vila a través dun interesante relato ao que poñen voz actores do Grupo Chévere, un dos máis prestixiosos de Galicia.

As últimas audioguías en presentarse foron as dos municipios de Burela e Xove.

A primeira titúlase O mar dos pataqueiros e propón un paseo pola vila burelá para coñecer os diferentes recunchos nos que emerxe un interesante legado mariñeiro, agrícola e industrial.

A segunda leva por título Tomás Mariño en Morás, entre baleas, dolos e Zeppelins e rescata a figura de Tomás Mariño, o ilustre mariñán que inventou o dirixible dezaseis anos antes que o conde alemán Zeppelin, cuxo invento había pasar á historia co seu nome.

Audio


A provincia de Lugo: destino principal

No tocante ás melloras no sector turístico, os principais xestores da provincia aseguran que estamos "nun progreso importante".

"Cada vez hai máis profesionais e mellores profesionais á fronte das empresas, o que asegura uns resultados óptimos", di Cheché Real, quen tamén recoñece que "as administracións e outros axentes están a facer unha moi boa labor de promoción".

Segundo Real, todo isto xera un "cóctel importante" para que a xente "se achegue a Lugo como un destino principal, non de paso como era ata hai uns dez ou doce anos".

Pola súa banda, Alexandra Seara fai fincapé na importancia das "novas tecnoloxías", vitais para "saber se tal adega ou tal museo se adapta ao que eu busco" e "asegurar que estou facendo ben o percorrido, xa que na Ribeira Sacra temos unha orografía complexa e moitas estradas estreitas".

Nesa liña, algúns dos obxectivos deste territorio son "facilitar o acceso aos embarcadoiros en lanzadeiras" ou "localizar novos puntos de interese en zonas menos conxestionadas", para axudar a que "os fluxos turísticos de distribúan dunha forma mellor".

Para todo este traballo de xestión e planificación, son vitais aspectos como a "formación dos profesionais do sector", a "recabación de datos veraces" ou a "mellora dos soportes e canles de información".

A isto hai que engadir nos últimos anos apostas como o "posicionamento no mercado internacional" ou "accións de economía circular e eficiencia enerxética".

Medidas, en resumo, que axudan a ofrecer unha mellor experiencia turística e unha mellor posta en valor do territorio e do seu tecido socioeconómico.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar