O Bloque Nacionalista Galego lanzará unha "ofensiva institucional" contra o canon de Sogama

A medida foi anunciada este mércores na cidade de Lugo, pero a formación frentista levará mocións a todos os concellos da provincia e do conxunto de Galicia

00:00

Olalla Rodil e Rubén Arroxo critican o modelo de xestión da recollida do lixo en Galicia

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) anunciou este mércores en Lugo que lanzará unha "ofensiva institucional" contra o novo canon de Sogama.

Segundo informaron os nacionalistas nunha rolda de prensa, a formación rexeita un novo canon que vai supor "un importante gasto" para as familias galegas, segundo palabras da deputada Olalla Rodil.

Segundo Rodil, a subida vai supoñer un incremento por tonelada que se entrega a Sogama dos 56 euros -nos 118 concellos bonificados- ou os 68 euros -nos concellos non bonificados-, ata os 88 euros que terán que pagar na segunda metade deste ano como canon.

"Isto vai supoñer un gran esforzo para todos os concellos, especialmente os concellos pequenos que contan cun baixo orzamento", explicou a deputada nacionalista.

Por este motivo, Rodil anunciou unha "ofensiva institucional contra esta subida impulsada pola Xunta e por Sogama", polo que levarán distintas iniciativas ás institucións onde o BNG ten representación.

Ademais, lembrou que a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) aprobou "unha moción para demandar á Xunta de Galicia" que no proceso de negociación poida participar este organismo, "para que os concellos non queden de lado e saiban o que teñen que pagar cada anualidade", explicou.

Rodil tamén mostrou o seu rexeitamento ao actual modelo, "insostible desde o punto de vista ambiental e económico", que "o único que fai é enterrar e incinerar, e non prima que se poidan facer outros tipo de iniciativas como as que está a indicar a Unión Europea".

A deputada nacionalista sinalou que "a viabilidade desta empresa semipública depende actualmente do número de toneladas de residuos que se envíen á planta de Cerceda", polas que "pagan os concellos" e que "se cobran ás veciñas e veciños", e "do prezo da electricidade", de maneira que "canto máis cara está a luz, máis son os beneficios de Sogama".

A modo de exemplo, o tenente alcalde no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, citou o "esforzo moi importante" que fan cada ano "para asumir os preto de 20 millóns de euros que supoñen as competencias que a Xunta deixa de lado".

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00H | 08 NOV 2024 | BOLETÍN