• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Sondaxes de opinión: Só os partidos de esquerda sumarían maioría para gobernar en Lugo

Segundo as sondaxes publicadas ao peche dos colexios electorais só PSdeG e BNG sumarían maioría na capital luguesa

Ramudo

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 20:21

Lugo, 26 de maio.- Falamos dos dous sondeos de opinión publicados pola Televisión de Galicia e o diario La Voz de Galicia ás oito desta tarde, cando pecharon os colexios electorais. Só coinciden ambas sondaxes en que non haberá maiorías absolutas no Concello de Lugo. O goberno local que sairá destas eleccións será froito do pacto, non hai outra.

Polo demais, a diferencia é notable no que se refire ás enquisas publicadas por ambos medios. A enquisa de la Voz de Galicia sitúa ao Partido Popular como a forza máis votada, con 10 concelleiros, un máis dos que ten actualmente na corporación, mentres que o Partido Socialista sería a segunda forza, con 8 edís, os mesmos que ten na actualidade. Desaparecerían da corporación Lugonovo e Esquerda Unida. O BNG sumaría 5 concelleiros, tres máis dos que ten agora, mentres que Ciudadanos se quedaría con 2 representantes, os mesmos que tivo no último mandato.

Con estos datos, o Partido Popular e Ciudadanos quedaríanse a un concelleiro da maioría absoluta. Sí sumarían, en cambio o BNG e o Partido Socialista os trece concelleiros necesarios para elexir a un alcalde de esquerda.

Se facemos caso á enquisa publicada pola Televisión de Galicia, unha sondaxe a pé de furna, o Partido Socialista sería a forza máis votada. Conseguiría entre 10 e 8 concelleiros, mentres que o Partido Popular sería a segunda, con 7 ou 8 representantes. O BNG sacaría entre catro e cinco, Ciudadanos entre un e dous, Esquerda Unida un e Podemos outro.

Tampouco neste caso, chegarían os concelleiros para que ningunha forza gobernase en solitario. Pero tamén neste segundo suposto, sería suficiente a suma de socialistas e nacionalistas para gobernar.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo TRECE Al Día

TRECE Al Día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE