• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

A Banda Municipal de Música volve ás rúas de Santiago con 11 concertos en dous meses

O III ciclo "Sinerxías" permitirá gozar da BMSC nas prazas do Obradoiro e da Quintana acompañada de diferentes bandas, agrupacións e artistas baixo a dirección de David Fiuza

ctv-ody-1653302936photo 2022-05-23 12-47-10

A Concelleira de Acción Cultural e o Director da Banda Municipal de Música co cartel do III Ciclo Sinerxias

Santiago de Compostela

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:39

Volve ás rúas de Santiago a Banda Municipal de Música e farano durante a última semana deste mes de maio e os vindeiros de xuño e xullo dentro do III Ciclo "Sinerxías", que é o título que agrupa os once concertos programados.

O programa, que foi presentado na mañá deste luns pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director da formación, David Fiuza, cobre unha ampla variedade de estilos musicais con actuacións conxuntas con diferentes agrupacións e entidades, coas que a BMSC volverá ás rúas, con concertos ao aire libre nas prazas do Obradoiro e da Quintana.

Na rolda de presentación, a concelleira de Acción Cultural referiuse a estas "Sinerxías", como un "frutífero punto de encontro no que se suman as forzas de diversos entes con azos de construír en conxunto e se harmonizan as diversas enerxías, canalizándose de cara a un obxectivo común". Mercedes Rosón convidou a "todos os veciños e veciñas de todas as idades a que sexan partícipes de forma activa destas sinerxías sonoras terán lugar entre o 26 de maio e o 29 de xullo".

Pola súa parte, o director David Fiuza explicou que este novo ciclo busca "festexar con música as ‘sinerxías’ que brotan inherentemente á peregrinación polos Camiños Sonoros da Banda Municipal de Música de Santiago", e salientou a necesidade de "abrirse ás rúas, á cidade e sobre todo, ás amizades que artísticamente ofrecen nexos e empatías para realizar proxectos musicais en común, aportando así unha dimensión maior á sonoridade á Banda".

PROGRAMACIÓN DE "SINERXIAS"

Este Ciclo III da programación "Camiños Sonoros" caracterízase pola participación en diferentes festivais e con diferentes artistas ou agrupacións en todos e cada un dos 11 concertos programados.

A praza da Quintana acollerá dous concertos no que resta do mes de maio: "De cofias e monteiras", este xoves 26, coa participación da Asociación do Traxe Galego e a Agrupación Brincadeira; e "Xoldra a eira", coa Banda de Gaitas de Forcarei ("Josele", Icía Varela e Xabier Cruz), o vindeiro domingo 29.

Durante o mes de xuño, a BMSC ofrecerá outros cinco espectáculos: "Capricho brillante", coa Federación Galega de Bandas de Música Populares , o 2 de xuño; "Concerto monocromo", coa participación da artista multidiscriplinar Macarena Montesinos, que terá lugar no Festival Plataforma o vindeiro 9 de xuño; "Novos Vieiros", o 16 de xuño, no cadro das Xornadas Música Contemporánea; "Retornos Melódicos", xunto co director Casiano Mouriño, co gallo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas, o 23 de xuño; e "Romaría", no cadro do Festival de Narración Oral Atlántica, o vindeiro 30 de xullo.

ctv-ihw-1653292020sinerxias



A programación continuará durante o mes adicado ás Festas do Apóstolo co concerto "Sinfonietta Galaica" o 7 de xullo, no que a BMSC compartirá escenario coa Banda Sinfónica da FGBMP, e o gaiteiro "Josele"; e coa participación no XVIII Encontro Galego do Saxofón o día 14, nunha actuación conxunta co recoñecido saxofonista Claude Delangle.

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

A praza da Quintana acollerá outros dous espectáculos os días 21 e 29 de xullo: "Suite de Souvenirs" con +QDanza; e "Ei cantar coa túa Banda", con Mare Producións e as voces de Paco Lodeiro, Rosa Cedrón e Miguel Ladrón de Guevara.

Os billetes poden adquirirse de xeito gratuito, na web compostelacultura.gal, na zona C (de martes a sábado) ou no despacho de billetes do Teatro Principal o día do espectáculo desde unha hora antes de comezo do mesmo.


Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar