• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Alvarellos prepara una biografía inédita sobre Manuel Murguía

Sale a la luz una biografía inédita de Murguía escrita por Lois Carré en 1953

A biografía foi escrita en 1953

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 02 feb 2023

Alvarellos Editora publicará na primavera unha biografía inédita sobre Manuel Murguía (1833-1923) que Lois Carré Alvarellos (1898-1965) escribiu en 1953, un mecanoscrito de 370 páxinas en galego.

Encadernado en dous tomos, Carré titulou a esta obra 'Murguía, ou patriarca. Estudo bio-bibliográfico do grande home'. Abarca desde o nacemento do intelectual até inicios da década de 1880, pouco antes de falecer a súa esposa, Rosalía de Castro. Lois Carré, falecido en 1965, deixou inacabado este proxecto.

Agora, publicarase este inédito nun 2023 que coincide co centenario da morte Murguía, falecido o 1 de febreiro de 1923 na Coruña.




A obra vai servir para completar as dúas grandes biografías sobre Murguía até a data: a realizada por Vicente Risco (1933) e a de Xosé Ramón Barreiro (2012). "A de Carré figura no medio das dúas e será unha peza fundamental para completar a visión de Murguía", comenta a profesora Olivia Rodríguez González, unha das especialistas que se ocupará, xunto con Esther García de Lucas, da coidada edición.

Lois Carré Alvarellos foi un dos 12 fillos de Uxío Carré Aldao e Purificación Alvarellos Pena, así como irmán de diferentes escritores. "Foron as súas dúas fillas, e herdeiras, de Lois Carré, Obdulia e Purificación Helena (xa falecidas) as que custodiaron a súa obra e, no seu día, depositaron en nós a biblioteca do seu pai. Lois Carré foi realmente un discípulo de Murguía, que decide homenaxealo con este exhaustivo traballo", relata García de Lucas.

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado


Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE