Bochinche, autofoto ou feísmo: estas son as novas palabras que incorpora o Dicionario da Real Academia Galega

A última actualización do dicionario da RAG incorpora un cento de voces, que van desde familias de palabras ata neoloxismos ou termos científicos

Un padre y su hijo sacándose una selfie

Alamy Stock Photo

Un pai e o seu fillo sacan -agora si- unha autofoto 

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el

2 min lectura

A última actualización do Dicionario da Real Academia Galega suma un cento de voces, tal e como informou este venres a institución. 

Copa de vino

EFE

Vinoteca é uha das palabras que incorpora a RAG na súa última actualización 

Entre as novas entradas figuran vocábulos que completan familias de palabras como antiincendios, bucinada, descifraxe / desciframento, estudantado, polifacetismo, parafusería, postergación, posvenda, ludoteca e enoteca e viñoteca, mais tamén voces tradicionais como bochinche, eis, naipelo, pataqueiro, -a, poma ou rianxo. Expresións como a descomán, sinónima de a desmán, e a sabendas de incorpóranse tamén canda outras voces de máis recente creación ou popularización como autofoto, conurbación, dina, feísmo ou surfear, así como o xentilicio gazano, -a.

Palabras da ciencia e neoloxismos

Os termos do mundo da ciencia e da investigación conforman outro grupo con presenza nesta actualización, na que se engaden voces como audioloxía, bolboretario / xardín de bolboretas, grampositivo, -a e gramnegativo, -a,  ademais de galeguística.

O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega traballa permanentemente na revisión e actualización do Dicionario en liña da institución, que se pode consultar de balde en academia.gal/dicionario.

Alén de sumar a esta ferramenta palabras que designan distintas realidades, entre elas os neoloxismos, o equipo que coordina o académico Manuel González préstalle tamén atención ao labor que consiste en completar familias de palabras como as incluídas nesta última actualización. Malia que estas parten dunha mesma raíz común para crear distintas voces coa sufixación habitual do galego, a súa incorporación favorece a resolución de dúbidas sobre a súa escrita, en ocasións meramente ortográficas, como sucede con adictivo, que figura entre as novidades e que evita a súa confusión coa forma aditivo, de significado diferente.

Revisión constante da lingua 

O Dicionario da Real Academia Galega, con máis de 58.000 entradas, constitúe unha ferramenta fundamental para os usuarios e estudosos da nosa lingua. Na súa constante revisión, os membros do Seminario de Lexicografía teñen en conta, entre otros criterios, as demandas que os usuarios e usuarias fan chegar decote a través da lapela “Axúdanos a mellorar”. Froito deste proceso de escoita son algunhas das actualizacións máis recentes, como alfombreiro, -a ou auguista, incorporadas o pasado mes de xullo, ou as mencionadas bolboretario e gazano, -a.

Cada mes o Dicionario recibe uns tres millóns de consultas a través da versión web e da súa aplicación, dispoñible para Android e iOS.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00 H | 14 NOV 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking