• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Fernando Vázquez e a motivación de representar a Galicia

A RFGF publicou un vídeo que o técnico enviou á Selección antes da final da Copa das Rexións. "Tedes unha fonte de enerxía enorme e é a quen representades"

Fernando Vázquez

Susi Garcia

DeportesA Coruña

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:30

Federación Galega de Fútbol vén de facer público un vídeo de resumo e felicitación polo logro acadado por Galicia o pasado 11 de marzo, cando se proclamou campioa da fase nacional da Copa de Rexións UEFA. Nesas imaxes recóllese tamén unha mensaxe que o adestrador do Dépor Fernando Vázquez enviou ós xogadores da selección galega antes da final contra Andalucía. “Recordo aqueles partidos nos que eu dirixía á Selección Galega e lembro especialmente o sentimento que tiña cando empezaban os partidos e cando escoitaba o himno galego, unha emoción indescriptible, as gradas con moitísima xente. Era unha festa galega”, confesou o técnico.

O de Castrofeito quixo apelar precisamente a esa emoción para motivar ós futbolistas da Selección. “Non sei o que cada un de vós podedes sentir, pero evidentemente representades ós galegos. Moitísimos estarán pendentes de vós e orgullosos de que poidades gañar o torneo e traelo para Galicia”, indicou.

Fernando Vázquez revelou tamén algunhas das pautas que utiliza cos seus xogadores. “Antes do partido, ós meus futbolistas sempre lles digo primeiro que a enerxía se crea. Vós necesitades enerxía para este partido. Esa enerxía podedes buscala moi adentro, concentrarvos no quencemento, e pensar nalgunha cousa que vos cree un sentimento e unha emoción. Detrás diso virá a enerxía. Vós tedes unha fonte de enerxía impresionante que é o feito de a quen representades, qué significa eso para vós e con iso pelexar e motivarse no tono adecuado é moi fácil. Se estades cheos de enerxía, dominades o aspecto colectivo, coñecedes perfectamente o plantexamento extratéxico e dades máis do que sodes, evidentemente, teredes o éxito asegurado. Eso é o que vos desexo de corazón, non só eu, senón toda Galicia”, finalizou.

O desexo do adestrador do Deportivo da Coruña cumpriuse e Galicia venceu a Andalucía na final por 2-0 nas Rozas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo