O Dépor é da Coruña: a nova campaña pola lingua de 'Aquí tamén se fala'

A iniciativa cultural do IES Rafael Dieste lanza unha acción co obxectivo de que o Deportivo empregue o topónimo oficial da cidade a partir da seguinte temporada, 2025-2026, na que o club celebra o seu 120 aniversario

“Aquí tamén se fala” lanza unha nova campaña

“Aquí tamén se fala” lanza unha nova campaña

Deportes COPE Coruña

Coruña - Publicado el

2 min lectura

A iniciativa cultural 'Aquí tamén se fala' do IES Rafael Dieste lanza unha nova acción de promoción da lingua galega co obxectivo de que o RC Deportivo empregue o topónimo oficial a partir da seguinte temporada, 2025-2026, na que o club celebra o seu 120 aniversario.

Pero a campaña –liderada e promovida polos profesores Alberto Pombo, Arcadio González e Mónica Reigía– nace cos apoios do presidente da Real Academia Galega, a presidenta do Consello da Cultura Galega, o reitor da Universidade da Coruña, o conselleiro de educación e os responsables de lingua da Xunta de Galicia, da Deputación e do Concello da Coruña, o presidente da Federación de Peñas, excapitáns do club, representantes do tecido cultural ou expertos en toponimia.

Ademais, todos os institutos públicos da Coruña, representados nos seus directores e directoras, nos xefes e xefas dos departamentos de lingua e nos e nas responsables dos equipos de dinamización da lingua galega, sumaron o seu apoio á campaña galeguizadora. Asinaron un breve manifesto co obxectivo de que o Deportivo cambie o topónimo. Algunhas das verbas do manifesto son as seguintes:

"Este club nunca tivo medo de avanzar e diso dan proba os grandes éxitos colleitados, os xogadores que estamparon o seu nome nesa camisola, a creación pioneira dun equipo feminino ou a participación nunha liga comprometida coa diversidade e a inclusión. Na mesma liña, o apoio do Deportivo á lingua galega é manifesto na comunicación que realiza nos correos, nas redes sociais ou desde o propio estadio.

Por todo iso, polas xeracións futuras, pola unión entre club e seareiros e por dar cabo dunha demanda que vén de longo percorrido, coidamos que o Deportivo debe ser da Coruña e que o cento e vinte aniversario do club pode ser, ademais, unha oportunidade histórica para demostrar compromiso e responsabilidade. Coraxe e determinación. Orgullo e identidade. O Dépor é da Coruña". 

páxina web e novas accións

Os responsables do proxecto estrearon unha páxina web (aquitamensefala.gal) con información e recursos, e anunciaron novas accións que ampliarán o percorrido da iniciativa. A primeira delas terá lugar este mesmo domingo, durante a previa do xogo do RC Deportivo contra o Cádiz, onde estarán repartindo e regalando 15.000 colantes co slogan da campaña, “O Dépor é da Coruña”, nas inmediacións do estadio.

Programas

Último boletín

17:00 H | 16 DIC 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking