A Coruña acolle a presentación da OK Liga como antesala da disputa da Supercopa de España de hockey a patíns

O Liceo xogará contra o Barça na semifinal do primeiro título da tempada. Será ás 18:30 horas no Palacio dos Deportes de Riazor 

Imagen de la presentación de la OK Liga 2024/2025 en el Ayuntamiento de A Coruña

Andy Perez

Presentación da OK Liga 2024/2025 no Concello.

Deportes COPE Coruña

Coruña - Publicado el

2 min lectura

O Palacio Municipal de María Pita acolleu na mañá deste venres a presentación oficial da OK Liga masculina, coa presenza dos 14 equipos que participarán na máxima competición nacional de hockey sobre patíns. A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o acto, que se celebra na véspera da disputa no Palacio dos Deportes de Riazor. Trátase da primeira vez que se presenta a OK Liga en Galicia.

Antes do comezo do acto, a alcaldesa fixo entrega a César Carballeira dun obsequio e felicitouno polo seu título de campión do mundo coa Selección Española, título que tamén acadou os coruñeses Ignacio Alabart na categoría absoluta masculina, María Sanjurjo na categoría absoluta feminina e Jacobo Copa na categoría júnior masculina.

A Coruña é unha cidade que vive o deporte con paixón e é a casa do club deportivo máis laureado de Galicia e todo un referente a nivel nacional, o Hockey Club Liceo”, sinalou a alcaldesa, que agradeceu que se escollera a cidade como lugar onde dar comezo a unha nova tempada. “A OK Liga é unha das competicións máis duras e esixentes do país, pero tamén un torneo que nos deu moitas alegrías aos coruñeses e coruñesas”, apuntou.

No acto tamén estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o presidente da Real Federación Española de Patinaje, Carmelo Paniagua, o presidente do Hockey Club Liceo, Daniel Echevarría. Tamén estiveron representando ao club coruñés o propio César Carballeira, o capitán Dava Torres e o adestrador Juan Copa. O acto foi conducido pola xornalista Leticia Chas.

a supercopa comeza hoxe 

Inés Rey desexoulle sorte aos catro equipos participantes na Supercopa de España, que tamén por primeira vez terá lugar na Coruña. As semifinais disputaranse hoxe entre Noia e Reus, ás 16.00 horas, e Liceo e Barcelona, ás 18.30 horas, no Palacio dos Deportes de Riazor. A final disputarase o domingo ás 11.30 horas. “Na Coruña estamos comprometidos co hockey e así o amosa o gran número de competicións estatais e internacionais que acollemos nos últimos anos, como a Copa do Rei e da Raíña, a Golden Cup europea ou a WSE Champions League feminina”, dixo a alcaldesa.

Durante a presentación da OK Liga entregáronse os premios aos xogadores e árbitros máis destacados da pasada tempada, que foron os seguintes:

● MVP da tempada: Pau Bargalló.

● Bola de ouro (máximo anotador): Joao Rodrigues.

● Trofeo Carles Trullols (mellor porteiro): Sergi Fernández.

● Mellor quinteto: Sergi Fernández, César Carballeira, Jordi Bargalló, Joao Rodrigues e Pau Bargalló.

● Mellor adestrador: Pere Varias.

● Mellor árbitro: Sergi Mayor.

● Xogador revelación: Nil Cervera.

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 11 NOV 2024 | BOLETÍN