O Concello adxudica a reforma dos vestiarios da Cidade Deportiva da Torre
Inclúe a renovación completa do sistema de auga quente

Ciudad Deportiva Arsenio Iglesias
Coruña - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O Goberno tamén resolveu a contratación da primeira fase do proxecto de reforma nos vestiarios da Cidade Deportiva da Torre á empresa Elecnor Servicios y Proyectos, S.A.U, cun investimento final de 854.031,01 €. O prazo de execución do proxecto é de 24semanas, a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato. A actuación permitirá a renovación integral das estancias para facelas máis cómodas para os milleiros dexogadores e xogadoras que as utilizan regularmente. A actuación nos vestiarios inclúe a renovación completa do sistema de auga quente, cunha modernización que permitirá garantir a subministración para todo o complexo mellorando o rendemento enerxético e adaptando as instalacións á normativa vixente. Ademais, o contrato supón un incremento no investimento de máis de medio millón de euros. A iniciativa suporá a racionalización dos recursos técnicos e humanos, a mellora na planificación e coordinación dos traballos, a redución dos tempos de espera ante as incidencias e a optimización económica do servizo.“A Cidade Deportiva da Torre cumpre un cometido fundamental no desenvolvemento das actividades deportivas nas que participan coruñeses e coruñesas de todas as idades. Poriso estamos facendo unha mellora profunda dos seus vestiarios, escoitando as demandas das persoas usuarias”, apuntou a alcaldesa, que recordou tamén que o Concello xa renovouo céspede artificial dos campos e mesmo abriu nas instalacións unha cafetería, tal e como demandaban desde había anos nais e pais.
MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
Por outra banda, o Concello sacou a licitación o contrato que garantirá o servizo de conservación e mantemento integral das instalacións deportivas municipais, cun orzamento máximo de 1.600.000 € e cunha duración inicial de dous anos, prorrogables anualmente por dous anos máis
“Temos unha rede municipal de instalacións que é extraordinaria e que empregan milleiros de cidadáns. Este investimento público mellorará e manterá o estado destas infraestruturasclave”, indicou Rey. Actualmente, o Concello ten en marcha o desenvolvemento do Plan director de instalacións e equipamentos deportivos, cuxo obxectivo é darlles resposta aos déficits que poidan existiren equipamentos deportivos de titularidade municipal e planificar e programar de formaóptima as actuacións que se van levar a cabo. Neste marco, o Goberno intensificou nos últimos anos as melloras na rede pública de espazos deportivos cos seus investimentos
Rehabilitación da zona de deportes de praia de San Pedro de Visma
Outro asunto aprobado na Xunta de Goberno Local realizada hoxe, tamén dentro do eido de novas instalacións deportivas, foi a licitación do contrato para realizar as obras deconstrución da zona de deportes de praia de San Pedro de Visma, cun orzamento base de119.423 € e un prazo de execución de 10 semanas desde a data de inicio dos traballos nazona. Este investimento permitirá contar cun espazo para a práctica do vólei praia coas medidas regulamentarias para as distintas competicións. Con esta actuación, o Goberno busca diversificar a oferta deportiva municipal e promover disciplinas en crecemento vinculadas ao deporte ao aire libre e fomentar hábitos saudables coa habilitación de novos espazos que xeren novas oportunidades para clubs e usuarios



