Comeza Coruña Corre de carreiras populares co circuíto Matogrande-Xuxán

A primeira proba terá lugar ás 10.00 horas, con entrega de premios ás 11.00 horas. A partir das 11.15 horas realizaranse o resto de probas con entrega de premios arredor das 13.00 horas.

Circuito Coruña Corre

Concello de A Coruña

Circuito Coruña Corre

Deportes COPE Coruña

Coruña - Publicado el

3 min lectura

O trazado da carreira popular de Matogrande, cun percorrido total de 6.640 metros, terá o seu punto de inicio na rúa Sebastián Martínez Risco, na contorna do colexio Liceo La Paz. Como novidade este ano a carreira transcorrerá, ademais de polo Campus Universitario de Elviña e o barrio de Matogrande, polo barrio de Xuxán, onde se percorrerán os últimos 2 quilómetros da proba.

Como é habitual, contará cunha proba absoluta e percorridos adaptados para categorías inferiores sub 18 e sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10; e sub 8 ou peques. Á conclusión destas, levarase a cabo a entrega de medallas no palco habilitado nas instalacións do Liceo La Paz. A primeira proba terá lugar ás 10.00 horas, con entrega de premios ás 11.00 horas. A partir das 11.15 horas realizaranse o resto de probas con entrega de premios arredor das 13.00 horas.

Percorrido da proba absoluta

Por primeira vez, Xuxán fica integrada na Carreira Popular de Matogrande, co que se cumpre co compromiso do Goberno de Inés Rey para incluír o barrio no circuíto de carreiras populares.

Deste xeito, tendo como punto de inicio e meta a rúa Sebastián Martínez, o percorrido pasará polas seguintes rúas: Sebastián Martínez, Juan Díaz Porlier, Federico García, Enrique Mariñas Romero para pasar á avenida García Sabell e avenida da Universidade, chegando así ao Campus de Elviña. Continua pola rúa José María Luengo pasando por diante do Pavillón de Estudantes e o Estadio Deportivo e discorre fronte á Facultade de Educación e a escola infantil ata a rúa Newton e a Facultade de Socioloxía, conectando coa Casa Lagar para volver a Matogrande por detrás da Facultade de Informática e Enxeñaría, regresando na rotonda á avenida da Universidade e García Sabell para chegar de novo ás rúas Enrique Mariñas e Federico García, e volvéndose situar na rúa Juan Díaz Porlier.

Xa neste punto, o percorrido encara os dous últimos quilómetros polo barrio de Xuxán, subindo ata a rúa Cernadas con Alberto Martí e posteriormente a avenida de Xuxán, conectando coa avenida de Fresas de Eirís pola rúa Galán e regresando á avenida de Xuxán pola rúa A Canteira. As persoas corredoras regresarán á rúa Juan Díaz Porlier para rematar, de novo, en Sebastián Martínez.

Onde e cando recoller os dorsais

Os dorsais entregaranse no colexio Liceo La Paz o mesmo día da carreira (domingo 15 de setembro ), desde as 09.00 horas ata antes da saída de cada unha das probas. Desta forma, as/os participantes na categoría 'peques' tamén poderán recoller as súas pulseiras identificadoras ata os intres previos ao comezo da súa carreira. Tamén se habilitará servizo de duchas e gardarroupa.

O acceso ao colexio Liceo La Paz, para a recollida dos dorsais, habilitarase na rúa Sebastián Martínez Risco. As persoas inscritas no circuíto Coruña Corre que xa teñan o seu dorsal e camiseta non precisarán volver retirar un novo.

Datas do circuíto Coruña Corre

Co desenvolvemento da carreira popular de Matogrande, o circuíto Coruña Corre encara a recta final da programación de datas para esta edición. Estas son as vindeiras datas previstas:

VIII Carreira Popular de Matogrande: 15 de setembro.

IX Carreira Popular do Ventorrillo: 20 de outubro.

XII Carreira Popular de Novo Mesoiro: 24 de novembro.

Programas

Último boletín

05:00H | 13 OCT 2024 | BOLETÍN