Os campos de Elviña abrirán a próxima semana para adestramentos e partidos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes comprobou o avance das obras nesta parte das instalacións, que agora se centran nas gradas e na zona dos vestiarios tras rematar no céspede, a iluminación e a cuberta

Campo de Elviña

MONCHO FUENTES

Campo de Elviña

Deportes COPE Coruña

Coruña - Publicado el

2 min lectura

 O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, visitou hoxe as obras de mellora que se completaron nos campos de fútbol do Complexo Deportivo de Elviña I e que, a partir do vindeiro luns, 13 de outubro, permitirán a súa reapertura parcial, mantendo unhas medidas de seguridade específicas para o seu correcto uso sen interferir no resto de traballos que seguen en marcha. 

Segundo anunciou Diego Calvo, os adestramentos poderán retomarse o luns, día 13 e as competicións oficiais o sábado, 18 de outubro, o que permite a volta aos adestramentos do Ural-Español C.F., Victoria C.F., Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol, Oza Juvenil S.D., Impérator O.A.R, Club Silva S.D, o club de fútbol Liceo de Monelos S.D. e Relámpago S.D; que eran usuarios do complexo.

O conselleiro destacou que, agora, os futbolistas poderán desfrutar de novo céspede nos dous campos de fútbol, unha renovada iluminación LED, unha nova cuberta en tribuna e do pavimento mellorado na galería de acceso e en varios puntos do resto de instalacións. Ademais, proseguen os traballos na zona de vestiarios, na cuberta da galería de acceso e nas gradas, que facilitarán un tránsito máis cómodo e seguro para xogadores e espectadores, aínda que seguirán pechadas ata novembro.

Estas actuacións de mellora nos campos contan cun investimento de 650.000 euros que, en conxunto co resto de instalacións do complexo, suman un investimento global de 3,4 millóns de euros para converter a Elviña I nun espazo moderno, seguro, accesible e eficiente para a práctica deportiva dos múltiples clubes que adestran no complexo.

Estas actuacións preténdese ofrecer á cidadanía instalacións adecuadas para a práctica do deporte e apuntou que no pavillón deportivo as obras tamén avanzan segundo o previsto. Neste caso, xa se completou a cuberta, mellorando o illamento e a eficiencia térmica e segue a traballarse na reparación da tarima de madeira.

No resto do centro, continúan os traballos nos vestiarios da planta baixa, as renovacións de espazos comúns e as melloras na accesibilidade ao conxunto de Elviña I. Cabe destacar que parte das instalacións deportivas puideron manterse parcialmente abertas para evitar interromper na medida do posible a actividade, concretamente, os servizos de fitness, natación e actividades dirixidas.

Como xa se lle comunicara con antelación aos representantes das persoas usuarias das instalacións, Diego Calvo lembrou que, se os prazos seguen a cumprirse, os traballos rematarán a finais deste ano.

Temas relacionados

Programas

Último boletín

11:00 H | 08 NOV 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking