A C21 do vindeiro 9 de febreiro transcorrerá por Ramón y Cajal, o porto, as praias e o paseo marítimo coruñés

A inscrición para a proba organizada polo Concello está aberta, así como a da carreira 5K que terá lugar en paralelo

Deportes COPE Coruña

Coruña - Publicado el

2 min lectura

O Concello da Coruña fai público este luns o percorrido

do Medio Maratón C21 que se celebrará o vindeiro 9 de febreiro. “Esta é unha das probas

máis atractivas deste formato que se celebran a nivel nacional e desde o Goberno de Inés

Rey levamos tempo potenciándoa e deseñamos un percorrido que permita aos e ás atletas

de elite obter boas marcas”, sinalou o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan esta décimo sétima

edición da C21, que conta cunha distancia homologada de 21.097,50 metros. A proba está

incluída no calendario oficial das competicións da FGA e da Real Federación Española de

Atletismo e disputarase nun circuíto totalmente urbano e cunhas características propicias para

que as persoas participantes poidan bater as súas marcas.

O medio maratón manterá o percorrido das dúas últimas edicións. As persoas participantes

comezarán e concluirán a C21 no Obelisco. A primeira parte transcorrerá por Ramón y Cajal,

Salvador de Madariaga e o porto coruñés. Na segunda, os atletas percorrerán as praias de

Riazor, Orzán e Matadoiro polo paseo marítimo e atravesarán a rúa San Andrés para ir ata

Porta Real e, desde alí, chegar á meta.

Por outra banda, o Goberno de Inés Rey volve apostar nesta edición polo desenvolvemento

en paralelo dunha proba de 5 quilómetros que lle permitirá ás persoas participantes gozar do

ambiente do medio maratón e aclimatarse á distancia habitual do circuíto de carreiras

populares Coruña Corre, que comeza o próximo mes de marzo

A inscrición para ambas probas está aberta a través da páxina web de Carreiras Galegas. No

día de hoxe hai case un milleiro de persoas inscritas na C21, mentres que o número de

participantes na carreira 5K supera os 500 inscritos. A proba repartirá máis de 15.000 euros

en premios para os mellores clasificados, incluíndo un premio especial de 1.000 euros á

persoa que consiga bater o récord da C21, fixado en 1 hora, 1 minuto e 40 segundos na

categoría masculina e 1 hora, 11 minutos e 16 segundos na categoría feminina. Na edición

de 2024 os gañadores foron Pablo Sánchez e María Azucena Díaz

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 17 MAR 2025 | BOLETÍN