• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

La Xunta financia actividades a las Asociaciones de Mujeres de Cervo

Raquel Arias se ha interesado por la programación desarrollada por las asociaciones “As Espalladoras” y “Mulleres de San Ciprián” con las que la Xunta a colaborado para llevar a cabo actividades como gimnasia, talleres y obras de teatro.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

A delegada territorial, Raquel Arias, subliñou en Cervo o esforzo que realiza a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, por dinamizar o movemento asociativo feminino e incrementar a participación das mulleres en todos os eidos da vida pública, social e cultural. No caso deste municipio, a Xunta de Galicia colaborou coas asociacións Espalladoras e Mulleres de San Ciprián para a posta en marcha e desenvolvemento de distintas actividades. En concreto, ao longo dos últimos meses véñense impartindo ximnasia de mantemento, talleres de manualidades, obras de teatro e distintas actividades deportivas. Así mesmo, desenvolveron un curso de cociña saudable. A delegada territorial da Xunta, que mantivo unha reunión con representantes destas asociacións cervenses, indicou que este impulso “reflicte a aposta do Executivo galego por fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres e por impulsar medidas que permitan conciliar a vida familiar e a laboral ás mulleres dentro da nosa comunidade”. A delegada falou coas asociacións do importante papel que estas deben xogar para incidir “nunha maior igualdade, en máis oportunidades laborais para as mulleres e, en definitiva, en beneficios para toda a cidadanía, fomentando  unha sociedade igualitaria”. No conxunto da provincia, son un total de 20 as asociacións de mulleres e entes de Lugo cos que colabora a Xunta para a realización deste tipo de actividades. As axudas distribuídas céntranse en catro liñas de actuación: Consolidación do movemento asociativo, investigación e recuperación da historia das mulleres, promoción de hábitos de vida saudable e promoción de accións de prevención da violencia de xénero e atención as vítimas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE