Cervo |

La Xunta abre un expediente al Ayuntamiento por excederse en las obras en el conjunto histórico artístico de Sargadelos

Los socialistas cervenses alertan de esta situación y destacan que la notificación califica la infracción como “grave” y no es la primera vez que Villares se enfrenta a un expediente sancionador por no ceñirse a la legalidad. Desde el PSOE piden explicaciones “porque quien paga siempre su irresponsabilidad son todos los vecinos”

cope.es cope.es

Tiempo de lectura: 2' Actualizado 16:56

Os socialistas de Cervo alertan de que a Xunta de Galicia vén de notificarlle ó Concello a incoación dun procedemento sancionador polas actuacións realizadas no Conxunto Histórico de Sargadelos, “segundo o comunicado rexistrado no concello con data do pasado 23 de outubro do 2014, o señor alcalde, Alfonso Villares, actúa fóra dos marxes da legalidade. O informe recolle que se acorda iniciar un procedemento sancionador establecido na Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia (…) e que motiva dita incoación as intervencións realizadas no contorno de protección do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos excedendo do autorizado na resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 25 de outubro de 1013(…) e sen contar coa previa e preceptiva autorización da Consellería de Cultura”. Dende o Grupo Municipal Socialista subliñan que “o motivo desta nova posible sanción é que o señor alcalde volve a excederse do autorizado. Se calquera cidadán se ten que ceñir ó permitido polas leis vixentes, o señor Villares moitísimo máis, simplemente por ser o representante de tódolos veciños e actuar no seu nome. O caso é que ó final quen paga sempre a súa ousadía e as súas irresponsabilidades, somos tódolos veciños”. Lembran que “Villares non debería ter esquecido que o Conxunto Histórico de Sargadelos está declarado como Ben de Interese Cultural, é un entorno de especial protección e como tal, así se ten que actuar no mesmo. Toma decisións sen conta e risco, é posible que o Concello teña que facer fronte a unha infracción grave polos danos causados ó patrimonio cultural e as contías da devandita sanción poden variar entre os 60.000 e os 150.000 euros. Iso sí, non o dicimos nós, así o transmite a administración autonómica na notificación pois plasma que tales feitos puideran constituír unha infracción administrativa tipificada no artigo 91.h da LPCG, conforme ao cal constitúe unha infracción grave: “a realización de calquera intervención nun ben declarado ou catalogado sen a preceptiva autorización da Consellería de Cultura” e ser sancionados en consecuencia, cunha multa do tanto ao cuádruplo do valor do dano causado ao patrimonio cultural (…)dende sesenta mil cento un euros coma vinteun céntimos ata cento cincuenta mil douscentos cincuenta e tres euros con dous céntimos.”   Despois de ter coñecemento desta nova falta do alcalde, os socialistas pídenlle explicacións pois “non é a primeira vez que Villares se ve envolto nunha situación deste tipo. Supoñemos que a Xunta de Galicia non sexa sospeitosa tamén de persecución política e non trate de evitar o tema  culpabilizando a outros dos seus erros”. Agardan  que “cambie dunha vez por todas de actitude porque cando se trata de cumplir coa legalidade, non hai cores políticas, as administracións públicas deben perseguir ós responsables e as súas neglixencias acaban por pagalas sempre os mesmos, os veciños de Cervo. Non se pode consentir”.

Lo más