• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Viveiro | La cantautora gallega Sés presenta su segundo disco en el III Concierto Músicas y Letras en Femenino, será el sábado 15 de junio en el teatro Pastor Díaz de Viveiro

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O evento segue apostando pola promoción da creación artística das mulleres galegas,  tanto das que se achegan ás diferentes artes dunha forma amateur, de desenvolvemento persoal, como daquelas que forman parte de proxectos artísticos profesionais. Se nas pasadas edicións, celebradas en Mondoñedo e Ribadeo, contouse con grandes da música galega como Ugia Pedreira ou Uxía, para este III concerto que terá lugar en Viveiro contarase coa que se considera a nova artista revelación galega, a cantautora María Xosé Silvar, Sés.  Sés, que contará cos seus músicos habituais no directo como Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sáez (baixo), presentará o seu segundo disco Co xenio destrozado. Despois do éxito do seu primeiro disco, Admirando a condición, un proxecto 100% galego e 100% feminino, Sés presenta desta volta Co xenio destrozado, un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa  de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano. Ademais de Sés, tamén contará este III Músicas e Letras en Feminino coa actuación musical da moza ribadense de dezasete anos Carmen Rodríguez, que nos sorprenderá con diferentes propostas.  Asimesmo, entre as actuacións musicais, rapazas do IES María Sarmiento e Vilar Ponte de Viveiro recitarán diferentes textos poéticos de autoras vinculadas á Mariña, como a viveirense Olalla Cociña, Luz Pozo, Marica Campo, Luísa Castro, Eva Moreda, Carmen Blanco ou  Ugia Pedreira.  Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade seguimos a apostar, con este tipo de actividades, por valorar e visibilizar a creación artística - xa sexa profesional ou amateur -  das nosas mulleres, neste caso músicas e escritoras.  Un evento cultural feminista de referencia, cun formato innovador e cunha sede fixa, A Mariña, na que cada ano unha das vilas se converte tamén en protagonista.  O prezo xeral do bono-axuda-entrada será de 5 euros, 3 euros para o estudantado.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar