• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

Unos 40 submarinistas harán una limpieza submarina en la playa de Cubelas en una jornada que incluye también talleres de concienciación

La edil de medio ambiente, Begoña Alonso, y el presidente del  Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, Julio Vázquez, presentaron una importante acción de concienciación y cuidado del medio marino que tendrá lugar el 29 de noviembre en la playa de Cubelas, en San Ciprián, a partir de las 10:00 horas

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 09 may 2017

Trátase dunha xornada ambiental que inclúe numerosas actividades en mar e en terra e para todos os públicos que organizan o CAS Costa Lugo e o CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), entidades coas que colabora o Concello de Cervo de forma activa.

Unha das iniciativas principais é a limpeza submarina na que participarán mergulladores voluntarios. Polo momento teñen confirmada a súa asistencia unhas 40 persoas con coñecementos nesta práctica e cunha titulación de mergullo, ben lúdico ou  deportivo, procedentes de Lugo, Ferrol, Vigo, Asturias, León e Madrid. Os mergulladores serán distribuídos por grupos e realizarán as inmersións por parellas ata 7 metros de profundidade, levando con eles unhas redes nas que gardarán os residuos recollidos.

Unha vez finalizadas as inmersións realizarase unha clasificación do lixo segundo a súa tipoloxía (plástico, vidro…) tendo especial coidado cos animais vivos que quedasen atrapados entre eses residuos. De feito, durante a xornada instalarase unha unidade de recuperación da fauna mariña e, unha vez rematadas todas as inmersións, liberaranse os exemplares no mar.  

Unha acción na que estarán presentes os nenos e nenas, que poderán comprobar o dano que provoca a contaminación ao mar, xa sexa unha pequena botella de plástico, unha rede, ou un obxecto de máis volume ou con substancias tóxicas. Así “poderemos transmitir de maneira moi visual e tanxible como a actitude das persoas é determinante para a conservación da fauna mariña e para a saúde das nosas augas; e que os xestos de cada un de nós súmanse, beneficiando ou prexudicando ao noso mar e o noso medio”, asegura o presidente do CAS Costa Lugo.

 

Concienciación e limpeza en terra

Outra das accións previstas é a limpeza da praia, que se fará de forma simultánea ás inmersións. Ademais, existen actividades para os nenos e nenas, que poderán asistir a obradoiros de educación ambiental; e charlas e mesa redonda para adultos, na que se debaterá sobre o impacto da contaminación no medio mariño.

Sen esquecer a vocación de concienciación que ten toda a xornada en si. “Ese día sacaremos a la superficie todos esos residuos que no vemos, pero que están bajo el mar y que perjudican al medio marino”, asegura Begoña Alonso. A edil destaca que “tan importante es realizar una limpieza como no volver a ensuciar y conseguir que la sociedad se implique en este objetivo”.   

 

Organización

O Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo coordinará as inmersións. Unha entidade que en dous anos de vida ten xa uns 90 socios, sendo a única escola de mergullo da provincia de Lugo. En canto ao CEMMA, é unha ONG con 20 anos de traxectoria no estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas da comunidade galega e que nesta actividade encargarase do persoal en terra.

Para participar de forma activa nesta xornada é preciso inscribirse, contactando con cascostalugo@gmail.com ou no 637 729 123 (Julio) para as accións de mergullo, ou con voluntariadocemma@gmail.com e 646 013 385 (Paula) para as iniciativas en terra.

Xunto co Concello de Cervo colaboran ADEGA, a Asociación Mar de San Ciprián, a Asociación Mariña Patrimonio, Museo Provincial do Mar e Sociedade Galega Historia Natural-Sección Mamíferos Mariños.  

PROGRAMA 29 DE NOVEMBRO

10:00 h. Recepción dos participantes. Coordinación dos equipos de traballo.

10:30 h. Inicio da inmersión. Obradoiros: educación ambiental e Unidade de recuperación da fauna mariña

11:00 h. Recuperación da fauna mariña recollida entre os residuos

12:00 h. Fin da inmersión

13:15 h. Liberación no mar de toda a fauna mariña recuperada

14:00 h. Xantar

16:30-18:30 h. Charlas e mesa redonda sobre o impacto da contaminación no medio mariño. No Museo Provincial do Mar.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo La Linterna de la Iglesia

La Linterna de la Iglesia

Irene Pozo

Escuchar
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar