• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cicloturismo |

Unos 120 ciclistas han recorrido el municipio de Cervo en la IV Ruta Medela MTB

Unos 38 kilómetros han tenido que recorrer los participantes en la Ruta Medela MTB organizada por cuarto año por el Club Medela MTB. El día acompañó a los ciclistas en una cita deportiva que se desarrollo con normalidad. Muchos de los participantes son ya ciclistas asiduos de esta ruta que repiten año tras año

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

Un total de 120 ciclistas participaron este domingo na IV Ruta Medela de cicloturismo que, un ano máis, “demostrou ser un éxito de convocatoria e de organización” explica o edil de Deportes, Luis Guillén. Unha cita deportiva que vai aumentando ano a ano en número de participantes: “Hai que ter en conta que moitos dos ciclistas que acoden unha vez repiten nos anos seguintes” engade Guillén, tal e como ocorreu nesta cuarta edición. A situación meteorolóxica foi favorable, o que tamén contribuíu a que a xornada se desenvolvese sen incidentes e nun ambiente distendido e amigable. Unha ruta que se completou segundo o previsto, partindo ás 9:30 horas da piscina municipal de Lieiro e volvendo ao mesmo punto de inicio ás 15:30 horas despois de pasar por distintos núcleos cervenses e lugares emblemáticos como o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos ou o paseo dos Namorados e que se detivo en Castelo para facer un descanso a medio camiño e repoñer forzas co habitual avituallamento. Un percorrido de dificultade media e de 38 quilómetros de lonxitude recomendado para federados e deportistas habituais que rematou cunha comida en grupo nas inmediacións da piscina.  “Despois de catro edicións rexistrando unha boa acollida, con ciclistas de distintas partes de Galicia e de Asturias, podemos dicir que este encontro deportivo e de lecer está consolidado” explica o edil de Deportes. Guillén asegura que “o Club Medela MTB tivera unha moi boa iniciativa cando  comezara a organizar con ilusión unha ruta en bicicleta polo concello e que agora é un evento cada vez máis coñecido no mundo do cicloturismo” remata o edil.  Unha ruta que foi organizada por este club coa colaboración do Concello de Cervo, a Deputación, Fundación Alcoa e Rodabell.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar