• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo |

El PP solicita del gobierno local habilite puntos de información del PXOM en la zona rural

El Plan General de Ordenación Municipal se encuentra a exposición pública por el periodo de dos meses, desde el PP piden que los vecinos puedan tener en los centros sociales existentes en las parroquias los planos y la documentación necesaria que permita entender el contenido de plan

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O Partido Popular de Mondoñedo, a través da súa voceira Elena Candia,  vén de dirixir un escrito ao alcalde do municipio, Orlando González, no que solicita que dende o goberno local se habiliten puntos de información nas parroquias sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Na mesma instancia os populares piden que as parroquias que conten cun lugar axeitado para a exposición ao público, podan ter ao seu alcance os planos e a documentación necesaria para entender o contido do Plan. É dicir, que se doten os centros sociais de copias da información que faciliten a consulta aos veciños. Os populares rexistraron este escrito despois de que onte, e por un prazo de dous meses, dese comezo o período de exposición pública do PXOM. Dende o PP consideran que, dada a dispersión da poboación de Mondoñedo así como a idade media dos veciños, é necesario facilitar aos residentes do rural a participación nos asuntos importantes do concello. Neste senso, os populares resaltan a pretensión de achegar a administración ao cidadán; e na mesma liña de implicarse nesta tarefa informativa, o PP local reitera a súa disposición aos veciños e lembra que abrirá todos os sábados de 10:30 a 13:30 horas a sede local onde se poderá consultar a documentación sobre o PXOM e se informará sobre este plan.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar