Motor |

La ruta de todoterreno Montes da Mariña Lucense se celebrará del 1 al 3 de noviembre en Foz

La décima edición de la ruta en vehículos todoterreno Montes da Mariña fue presentada por el alcalde, Javier Jorge Castiñeira, y directivos del club Os Correcamiños 4x4, colectivo organizador de la prueba

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O rexedor municipal destacou que esta ruta “é xa un clásico na Mariña e un dos eventos máis importantes que se realiza no mundo do motor na nosa comarca e probablemente un dos máis importantes tamén na provincia de Lugo, cunha asistencia moi grande de xente amigos do motor. O ano pasado xuntáronse cerca de 380 vehículos e unhas 600 persoas e este ano desexamos que sexan os mesmos ou máis”.

Javier Castiñeira comentou que a data “é moi boa, na ponte de Todos os Santos. Comezará o venres 1 de novembro e os días grandes serán o sábado e o domingo. É unha cita importante no outono focense, porque xunta a moitos afeccionados ao mundo do motor que, aparte de gozar dos 4x4, das motos e dos quads, tamén disfruta da nosa vila, de paraxes impresionantes do noso rural e tamén da zona das praias. Tamén discorre por outros concellos, como Lourenzá, Alfoz, o Valadouro e Cervo”.

Por todo iso o alcalde focense amosou o “máximo apoio a este grupo, aos Correcamiños, que un ano máis, con todas as dificultades que atravesan nos momentos en que estamos, novamente organizan este tipo de actividades arredor do deporte pero tamén do turismo. No nome de todos os veciños de Foz e dos comerciantes e hostaleiros quero agradecerlles ese compromiso, porque é un fin de semana interesante para todos”.

O prazo de inscrición na ruta Montes da Mariña estará aberto ata o 28 de outubro na seguinte páxina web: www.oscorrecamiños4x4.com

O día 1 de novembro terá lugar a recepción dos vehículos participantes e a cea de presentación. Xa o sábado, 2 de novembro, a partires das 9 da mañá comezarán a saír as motos da explanada portuaria, seguidos dos quads e atvs. Os todoterreos sairán ás 10 da mañá e o percorrido discorrerá polos concellos de Foz, Lourenzá, Alfoz, Ferreira e Cervo. Ao remata da xornada haberá unha cea para repoñer forzas no pavillón do colexio Martínez Otero. E o domingo, 3 de novembro, terán lugar as probas de habilidade no circuíto da Roxa en Vilaronte desde as 10 ás 14 horas, para concluír co xantar de despedida e as entrega de trofeos e agasallos.

Programas

Último boletín

13:00H | 19 JUL 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking