• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | Los VII Foros Permanentes para Mujeres incluyen talleres de memoria, relajación, risoterapia y de gestión de mociones, además de charas, paseos y viajes.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 28 may 2017

O vindeiro martes, 16 de abril, darán comezo os VII Foros Permanentes para Mulleres que organizan a Concellaría de Igualdade e o CIM coa colaboración da Deputación de Lugo. A cita inclúe obradoiros de memoria, de relaxación, de risoterapia e de xestión de emocións ademais de charlas, dunha andaina polo Barqueiro e dunha viaxe gratificante e relaxante ao spa de Vilalba. No acto de presentación que tivo lugar esta tarde no salón de plenos do Concello a edil de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “estes Foros sempre se dividen en dúas etapas, esta que abrangue os meses de abril, maio e xuño e logo teremos unha nova volta en setembro, outubro e novembro. Haberá nestes tres primeiros meses actividades na vila e nas parroquias e as que non se toquen desta volta faranse despois”. A concelleira nacionalista explicou que “imos facer actividades que as propias mulleres demandan, que algunha vez xa se fixeron, foron do seu agrado e queren repetir e o que fixemos foi un programa o máis amplo e variado posible para que toda aquela persoa que o desexe acuda a aquelas que son máis do seu interese”. Os obradoiros de memoria celebraranse nas Anzas e en Couxela. Na Escola das Anzas será os días 16, 23 e 30 de abril e o 7 de maio en horario de 16 a 17 horas e na Escola de Couxela terán lugar os días 25 de abril e 2, 9 e 16 de maio de 17 a 18 horas. Os obradoiros de relaxación serán en Ove e en Piñeiro. No caso da Escola de Ove serán os días 17 e 24 de abril e 8 e 15 de maio de 18 a 19:30 horas.  E na Escola de Piñeiro o 27 de maio de 17 a 18:30 horas. Os obradoiros de risoterapia desenvolveranse en Remourelle, Vilaselán e Vilaosende. Na Escola de Remourelle serán os días 23 e 30 de abril e o 7 de maio de 16 a 18 horas. Na Escola de Vilaselán terán lugar tamén os días 23 e 30 de abril e 7 de maio de 19 a 21 horas. E na Escola de Vilaosende serán o 6, o 13 e o 20 de xuño de 17 a 19 horas. En Ribadeo terá lugar o obradoiro de xestión das emocións os días 29 de abril, 6, 13 e 20 de maio na Casa do Mar en horario de 19 a 20:30 horas, “onde se abordarán cuestións coma a autoestima, os cambios de humor  ou a prevención das depresións”, seguiu a relatar Mariluz Álvarez Lastra. A concelleira de Igualdade engadiu que “en Ribadeo tamén teremos unha charla sobre a menopausia para a que contamos coa colaboración do persoal do centro de saúde de Ribadeo. Serán dúas sesións, o 18 e o 20 de xuño, unha cargo da médica Raquel Medina e outra impartida pola psicóloga Juana Blanco”. Álvarez Lastra subliñou que “todos estes obradoiros son totalmente abertos e gratuítos e calquera persoa pode asistir a eles. Poden facerse co programa para ver o que mais lles interesa ou chamando por teléfono ao Centro de Información á muller ao 982 120 739 ou dirixirse tamén ás vocais das parroquias que forman parte do Consello Municipal da Muller para que lles facilitan toda a información que precisen. Elas son a correa de transmisión destas actividades”. Este trimestre de propostas enmarcadas nos VII Foros Permanentes para Mulleres rematarán en xuño con dúas actividades de lecer, “continuaremos cos Domingos a pé, esas rutas que facemos utilizando un medio de transporte como é o tren, que non é moi usual empregar, e despois facemos unhas andainas polos lugares aos que nos desprazamos. Facémolas da man de Teresa Díaz, presidenta da Agrupación Francisco Lanza. É ela a persoa que nos organiza a camiñata e neste caso será o 9 de xuño, xornada na que realizaremos unha andaina de Loiba ao Barqueiro. Trátase dun percorrido duns 6 quilómetros de fácil realización”. Xa o 16 de xuño haberá unha viaxe ao spa de Vilalba. Trátase da única actividade que terá un custe para as asistentes de 15 euros, “a parte dunha sesión de baño no clube termal que imos ter alí inclúe unha clase de ximnasia ou técnicas de relaxación na auga e unhas actividades de terapia en cabina. Temos prazas limitadas. Son 50 as que ofertamos e realizarase por orde de inscrición. Haberá unha lista de reserva por si alguén queda fora”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo La Noche Luminosa

La Noche Luminosa

Con Faustino Catalina

Escuchar