• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | Desarrollo local y juventud pone en marcha el programa "Ribadeo Emprende" para propiciar la cultura emprendedora entre la juventud. Las actividades del primer trimestre se darán a conocer el viernes 22 de febrero

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A edil de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, dixo na presentación, que tivo lugar hai dúas semanas, que “hoxe en día máis que nunca precisamos de xente que mobilice, colabore, aproveite recursos, reinvente unha nova realidade, que innove, cree novas fontes de traballo e para isto o Concello quere promover un clima capaz de crear as mellores condicións na mocidade para que se anime a emprender e o fagan o mellor posible e teñan unha maior garantía de éxito”. A concelleira nacionalista indicou que “para emprender temos que contar coas mellores condicións, habilidades, coñecementos, temos que ser capaces de aproveitar recursos e potenciar o networking, impulsar a  innovación e a creatividade.  Por elo dentro de Ribadeo Emprende traballaremos: a creatividade e a innovación, a confianza e a motivación, a aprendizaxe a través da colaboración e a creación de alianzas, a formación e o coñecemento, todas elas características para propiciar un emprendemento con éxito. Tentaremos axudar á nosa mocidade a dar os recursos para reinvertar o noso arredor”.  Pecha Kucha. Este é un formato de presentación rápida, que se levará a cabo o venres, 22 de febreiro, na Casa da Xuventude, a partires das 20 horas. No acto presentaránse iniciativas emprendedoras que aúnan creatividade e desenvolvemento do territorio. Van participar experiencias empresariais, a meirande parte de Ribadeo, coma: Tenda – Bar A Modiño, El Farero Audiovisual, Pizzería-Raxería Pizzbur, Hola Ola, Chocolates Moreno e Forestales Monra. Xavier Campos, o concelleiro de Mocidade, considera que “sería ilusorio pensar que unicamente desde o Concello é posible resolver os problemas de desemprego ou a situación económica xeral. É evidente que son moito máis amplos e que non está nas nosas mans resolver unha situación que a nivel xeral se está evidenciando como terrible e dramática en moitos casos. Os datos económicos, a recesión e o crecemento do desemprego están aí e nós pensamos que teñen causa nas políticas que emanan desde Bruxelas e que están sendo impostas e desenvolvidas, tanto en España como en Galicia, polo Partido Popular”. O edil de Mocidade subliñou que “nós somos ambiciosos, porque pensamos que hai cousas que se poden facer e este Ribadeo Emprende é unha das cousas que pensamos que hai que facer nese camiño, pero tamén somos conscientes das nosas limitacións e polo tanto non queremos tampouco crear unhas expectativas que non sexan realistas. Pensamos  que son actividades que van ser positivas porque van axudar a potenciar ou animar a desenvolver as capacidades da xente nova e non tan nova tamén, nalgúns casos, de Ribadeo”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar