Más directos

Lugo |

Raquel Arias destacó la importante labor de los voluntarios de Protección Civil

La Delegada Territorial resaltó durante las II Jornadas Provinciales de Protección Civil que las 37 agrupaciones existentes en la provincia de Lugo “contribuyen con su trabajo desinteresado a garantizar la seguridad de todos los ciudadanos” Las jornadas se han celebrado en Viveiro con la organización de la Federación de Agrupaciones de Protección Civil

Raquel Arias destacó la importante labor de los voluntarios de Protección Civil

Raquel Arias destacó la importante labor de los voluntarios de Protección Civil

cope.es cope.es

Tiempo de lectura: 1' Actualizado 12:11

Segundo dixo, “os voluntarios de Protección Civil desenvolven un importante labor nos concellos, posto que contribúen co seu traballo desinteresado a garantir a seguridade de todos os cidadáns e, ante unha situación de emerxencia, acostuman a ser os primeiros en chegar e prestar auxilio”. “Son unha das patas sobre as que se sustentan os operativos de emerxencias na provincia”, manifestou a delegada, “porque, grazas a súa colaboración con bombeiros, grupos de emerxencias supramunicipais, forzas de seguridade e servizos sanitarios, garantizan o éxito e o desenvolvemento das operacións nas que interveñen”. Unha colaboración que Arias tamén fixo extensible as distintas administracións, xa que iso redunda nun maior grao de eficiencia e eficacia ante calquer eventualidade. A Xunta de Galicia asume un forte compromiso coas agrupación Protección Civil, ás que dota de medios precisos para garantir a súa resposta ante as emerxencias co fin de evitar, ou minimizar o maximo posible, calquera dano aos cidadáns, aos seus bens ou ao medio ambiente e contribúe a cubrir os gastos correntes das 37 agrupacións existentes na provincia. A formación dos voluntarios é outra das preocupacións da Xunta porque, segundo dixo a delegada, canto mellor sexa a formación mellor será tamén a atención. Así, a maiores dos cursos que se imparten dentro da Academia Galega de Seguridade, todos os anos se organizan accións formativas na provincia de Lugo para que os efectivos de Protección Civil conten coa preparación máis completa e axeitada posible. Próximamente, organizaránse dous cursos de incendios urbanos e forestais e dous de accidentes na estrada, ademáis de un de rescate de persoas en zonas illadas e de montaña.

Lo más