• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo |

PSOE y BNG votan en contra de un plan de empleo que permieta participar a todos los municipios de la provincia

Los populares mindonienses denuncian la actitud de socialistas y nacionalistas por negarse a que más de 261 paerados del municipio puedan participar en un Plan de Empleo de la Diputacioón Provincial

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O Partido Popular de Mondoñedo censura que o alcalde da localidade, o nacionalista Orlando González, se negase a que os máis de 261 parados do municipio podan participar no plan de emprego da Deputación de Lugo.  Tralo voto en contra do bipartito do Concello de Mondoñedo á proposta dos populares de instar a Deputación para que modificase as bases “excluíntes e feitas á medida” do plan de emprego; o Partido Popular de Mondoñedo denuncia que nin o PSOE nin o BNG fosen quen, “por primeira vez, de desoír as directrices dos seus respectivos partidos, e pensar nos veciños”. “A orientación partidista que manifestaron os nacionalistas e os socialistas” non xustifica o voto en contra á iniciativa dos populares que “só pretendía que os desempregados de Mondoñedo non fosen excluídos directamente do plan de emprego e tivesen a oportunidade de participar no proceso de selección”. Os populares lamentan a “dobre cara” que pon de manifesto Orlando González, dependendo da “administración pública á que se dirixa en función do partido polo que estea gobernada”. A súa obriga, segundo os populares, é “priorizar os veciños e velar polos seu ben”, e non “antepoñer os intereses partidistas”. A exclusión de Mondoñedo do plan de emprego da Deputación é inxustificada, se comparamos o número de parados do municipio cos de outros concellos incluídos no programa da administración provincial. Neste senso, localidades cun número inferior de desempregados están incluídas no plan de emprego da Deputación de Lugo, mentres que a de Mondoñedo queda fóra. Garantir a igualdade de oportunidades Os populares locais censuran que o bipartito municipal non sexa quen de posicionarse a favor dunha proposta que procura garantir a igualdade de oportunidades entre todos os desempregados, e non crear cidadáns de primeira ou de segunda en función do municipio de residencia e dos réditos electorais que implican. Neste senso, o Partido Popular contrapón a actitude colaboradora da Xunta de Galicia co municipio á da Deputación, xa que a administración autonómica permite participar a todos os municipios da provincia sen exclusión. Así lembran que Mondoñedo veuse beneficiado a través do plan de cooperación do financiamento de cinco postos de emprego (dous na área de servizos sociais e dous para a salvagarda dos bens e das persoas). Os populares tamén resaltan a concesión do obradoiro de emprego que formou a desempregados de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros  nas especialidades de albanelería e carpintería grazas a un orzamento de 210.000 euros; así como da concesión á localidade dunha brigada de incendios.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar