• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

El PSdeG lamenta que la Xunta apruebe el área integrada "sin escuchar a las masivas manifestaciones ciudadanas"

El portavoz de sanidad del Grupo Popular, Miguel Santalices, ha dicho en Burela que el área sanitaria de la Mariña no desaparece “el hospital mantendrá un gerente y presupuesto propio que como novedad también gestionará los cenetros de salud” Los socialistas, a falta de conocer el texto definitivo que será publicado en el DOG, censuran la aprobación del decreto  paera la eliminación de las áreas sanitarias autónomas de Monforte y Burela, que vuelve a demostrar que el gobierno gallego está “ciego y sordo” ante las peticiones de la gente y que la “apisonadora de la mayoría absoluta del PP no tiene límites”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

O PSdeG-PSOE provincial de Lugo lamenta a aprobación, esta mañá no Consello da Xunta, do “Decreto polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos”, é dicir, censuran, “unha lei imposta de xeito unilateral polo Goberno galego para a eliminación das áreas sanitarias autónomas de Monforte e Burela”, que pasarán a depender de Lugo, “sen escoitar as masivas manifestacións cidadás” que se produciron na Mariña e Lemos. Os socialistas critican que esta decisión “volve demostrar que o Goberno galego está cego e xordo ante as peticións da xente ou as dimisións de profesionais sanitarios, e que a apisonadora da maioría absoluta do PP non ten límites”. Por outra banda, desde o PSdeG de Lugo destacan que “nesta ocasión, a aprobación do decreto esta mañá non foi difundida por todo o alto polo Goberno galego, eles saberán por que”. Os representantes provinciais e comarcais do PSdeG esperan coñecer o texto para dar unha opinión máis concreta sobre os promenores do decreto.   Alcaldes, portavoces locais e concelleiros do Partido Popular da Mariña participaron hoxe nunha xornada informativa en relación co modelo de xestión integrada das tres áreas sanitarias lucenses que o Consello da Xunta vén de aprobar esta mañá co propósito de mellorar a atención sanitaria que se presta aos cidadáns da comarca. O encontro, presidido polo secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, contou coa presenza do portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Popular, o doutor Miguel Santalices quen logo de explicar as vantaxes deste novo modelo resolveu cantas dúbidas puideron suscitarse. MENOS DESPRAZAMENTOS, MELLOR ATENCIÓN Os representantes populares pecharon filas á hora de deixar claro á cidadanía que lonxe de desaparecer o empeorar os servizos do Hospital da Costa estes se verán mellorados. De feito, o Hospital de Costa se reforza, blindando as consultas e especialidades que existen na actualidade –ningunha delas se perderá- e incluso coa posibilidade de albergar novos servizos como os de oncoloxía ou cirurxía vascular. Por outra banda negaron que o novo modelo supoña que a xestión do Hospital dependa de Lugo, como antes tampouco dependiamos de Santiago. De feito, o Hospital da Costa seguirá mantendo ao fronte do mesmo un xerente executivo, que xestionará un orzamento propio e verá ampliadas as súas competencias: pois ademais de dirixir o centro hospitalario farao tamén sobre todos os centros de saúde da comarca. PSOE E BNG OS PEORES INEMIGOS DO HOSPITAL Os populares foron especialmente críticos co papel de manipulación e confusión interesada que fan desde o PSOE e o BNG e as plataformas que a través de distintos cargos políticos controlan. Dixo que os peores inimigos do Hospital son aqueles que durante o bipartito non investiron un só euro en melloras e agora actúan con demagoxia. Lembrou ademais que os que hoxe queren abrazalo, o asfixiaron desde o goberno e foron incapaces nin tan sequera de acelerar as obras pendentes. A AMPLIACIÓN NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA O Partido Popular en tempo de crise realizará a ampliación integral do Hospital da Costa. Sinalaron que, por primeira vez na súa historia esta frase non é un compromiso electoral senón un feito, que deu inicio nas pasadas datas coa licitación do Plan Director, do documento que dirá como vamos a ampliar este centro e coa publicación desta no Diario Oficial de Galicia. CHAMAMENTO Á CONFIANZA DA CIDADANÍA “Os veciños da Mariña teñen que saber: Que nin se pechará o Hospital, nin haberá máis traslados ata Lugo, nin deixará de ser o centro de referencia para atender a todas as persoas que teñan problemas de saúde. Ao contrario, manteranse os servizos de neonatais e todas as especialidades. Non é lóxico que sigan enganando. O tempo dará ou quitará razóns”- concluíron os relatores. O PP NON ESTÁ SOLO: É A FORZA MÁIS VOTADA DA MARIÑA O Partido Popular da Mariña é a primeira forza política da comarca, feito que puido reflectirse en todos os últimos procesos electorais. A nivel local gañou en 14 dos 16 concellos da nosa comarca –incluíndo Riotorto-. Os populares teñen, polo tanto, máis votos e máis alcaldes, pero tamén máis concelleiros na Mariña ao incrementarse a cifra en 92 edís, seis máis que no 2007 e subir máis dun 10% de sufraxios. Con este aval sinalan que serán os primeiros en defender sempre o Hospital e non consentir nunca un retroceso.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE