• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

El PSdeG lamenta que 18 ayuntamientos renuncien a 35.000 euros por cuestiones partidistas

Los socialistas anuncian que van a preguntar en los plenos de los municipios que han rechazado el Plan Innova-TE de la Diputación, por ls causas de la renuncia que “dejan a los vecinos en desigualdad con respecto a otras localidades de la provincia”. El PSdeG destaca el caso de Foz, que se ha adherido al plan hace tres años y ahora “es el único de los 49 ayuntamientos apuntados que no quiso contat con las nuevas facilidades tecnológicas gratis” mientras ha gastado 24.800 euros en una herramienta electrónica de una empresa privada de Zaragoza.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O PSdeG de Lugo lamenta que 18 concellos da provincia, todos eles gobernados polo PP, renuncien ao plan gratuito Innova-TE da Deputación provincial, que agora está a implantar nos concellos adheridos un novo paquete de 8 servizos tecnolóxicos, entre eles as prazas públicas con wifi, por valor duns 35.000 euros por municipio. Os socialistas cren que esta renuncia é só por “cuestións partidistas”, e preguntarán nos plenos municipais de cada un dos concellos as causas do rexeitamento destes servizos, “que deixan os veciños e veciñas destes concellos en desigualdade con respecto a outras localidades da provincia”. Os 17 concellos que non se sumaron desde o principio ao plan son Alfoz, Antas, Barreiros, Bóveda, Cospeito, O Courel, Xermade, Guntín, Ourol, Outeiro de Rei, Pantón, O Saviñao, Trabada, O Vicedo, Xove, Vilalba e O Valadouro (agora con alcalde socialista pero co PP no momento de terse sumado ao plan). Os 48 concellos que aceptaron este novo paquete de servizos terán rede wifi, mellora da calidade da banda longa, creación ou actualización da súa páxina web ou un equipo de 12 profesionais ás súa disposición para resolver dúbidas e darlles información e asesoramento sobre as TIC. O caso de Foz Os socialistas destacan o caso do concello de Foz, que foi o único dos 49 municipios adheridos ao plan desde o principio que agora rexeitou o novo paquete de oito servizos tecnolóxicos que lle aforrarían ao goberno local un gasto en servizos duns 35.000 euros. O caso é “especialmente grave” porque o gobernó focense gastou 24.800 euros para un plan de catro anos cunha ferramenta electrónica que xestiona unha empresa privada de Zaragoza e que, por riba, denuncian desde o PSdeG, “non cumpre con vantaxes que si ofrece o servizo do plan da Deputación, como a interconexión coas administracións”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar