• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

La Plataforma Sanitaria "está siempre en contra de todo" según los populares

En el PP no entienden las críticas desde el colectivo, integrado por partidos de la oposición y sindicatos afines, ante una mejora sanitaria que evitará los desplazamientos de muchos enfermos de cáncer. Para los populares “son los mismos que anunciaban el inminente cierre del hospital”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O Partido Popular da Mariña lucense considera que a Plataforma Sanitaria “perdeu o norte” coas súas críticas ante a inminente posta en marcha do hospital de día oncolóxico e indicou que este colectivo “está sempre en contra de todo” Os populares consideran absurdo as contradicións e bandazos dos argumentos empregados pola Plataforma Sanitaria, e lembran que estas mesmas persoas fai tempo daban por feito o inminente peche do Hospital da Costa e reclamaban novos servizos e agora, fan todo o contrario, criticando ao Goberno galego pola inminente posta en marcha da sala de tratamentos de quimioterapia. CRÍTICOS COAS MELLORAS SANITARIAS O Partido Popular da Mariña nin entende nin comparte as críticas deste colectivo integrado por partidos da oposición (PSOE e BNG) e sindicatos afíns, ante unha mellora sanitaria como é o hospital de día oncolóxico da Mariña, que evitará o desprazamento fóra da nosa comarca de moitos enfermos de cancro. Sinalan ademais que a pesar destes reproches seguirán traballando para facer realidade pronto este novo servizo. AMPLIACIÓN DO HOSPITAL Os populares tampouco entenden as críticas da Plataforma Sanitaria ao proxecto de ampliación do Hospital e o ánimo de restarlle importancia ao que probablemente é “o proxecto máis ambicioso e esperado dos promovidos pola Xunta nos últimos anos” Desde o PP da Mariña acusan á Plataforma Sanitaria de mentir cando din que as obras de ampliación se prolongarán durante 19 anos. Neste senso aclaran que a programación deseñada polo SERGAS establece un cronograma de 37 meses (tres anos e un mes) e lembran que en 2015 o Goberno galego consignou un millón de euros para iniciar estas obras. Como é lóxico os traballos iránse pagando segundo finalicen as obras, non antes, e por iso o groso do orzamento se presupostará en vindeiros anos.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar