• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Opinión | "Máis e mellor comunicados", por José Manuel Balseiro

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A culminación da autovía do Cantábrico, coa apertura ao tráfico dos últimos dous tramos pendentes de executar (Mondoñedo-Lindín e Lindín-Careira) converteuse nunha boa nova para o conxunto da comarca da Mariña lucense, por canto contribúe a dotarnos dunha infraestrutura de comunicación vital, propia do século XXI, que vén a dar solución ao inaceptable illamento nas nosas conexións viarias . Non e arriscado, senón sensato, equiparar a inauguración da autovía no seu traxecto completo co avance que no seu día supuxo, noutros ámbitos, a apertura do Hospital da Costa, ou a posta en marcha do conglomerado empresarial de Alumina-Aluminio, hoxe Alcoa, por canto todas estas iniciativas foron configuradas para converterse nun motor social, económico, industrial e, no caso concreto da autovía, nun traxecto capaz de servir de imán para atraer novas oportunidades á principal comarca da provincia. A iniciativa adquire máis relevancia, se cabe, tendo en conta o contexto no que as administracións gobernadas polo Partido Popular deron cumprimento do seu compromiso coa comarca. A crise económica e os axustes orzamentarios non foron obstáculo, grazas á firme vontade dos actuais gobernantes, para apostar pola culminación dunha infraestrutura que supuxo un investimento estatal de 720 millóns de euros. Executáronse uns traxectos que constituían todo desafío de enxeñaría polas dificultades técnicas e orográficas que había que superar: desniveis, movementos de terra, construción de amplos viaductos. Só os dous tramos abertos, acapararon o 27% do orzamento total, o que da boa mostra das razóns polas que esixían un reforzado esforzo. Queda pendente o reto de facer realidade o corredor costeiro, que completará a rede de comunicación da nosa comarca, contribuirá a unha mellor vertebración dos concellos occidentais e á conexión coa rede viaria de alta velocidade. Nese obxectivo, e en seguir avanzando e facendo realidade aqueles proxectos que outros non souberon ou non quixeron atender, ou que incluso someteron ao esquecemento, centrarán os novos esforzos e compromisos do Partido Popular. A autovía do Cantábrico é, como definiron o presidente Alberto Núñez Feijóo e a ministra Ana Pastor a nova porta que abre Galicia, pero tamén esa infraestrutura que garante unha Mariña lucense máis e mellor comunicada.   Jose Manuel Balseiro Orol Secretario do Parlamento de Galicia

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar