• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Opinión | ""Gospelsoe" ou a política disfrazada de cultura", por Juan Rivas

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

O Partido Popular de Foz síntese abraiado polo que ocorreu o pasado domingo na Casa da Cultura do Concello de Foz durante un acto que inicialmente parecía unha actividade cultural e cun fin única e exclusivamente benéfico, organizado por un ente ata daquela descoñecido. Unha vez se abriron as portas viuse que quen estaba detrás do telón; era o Partido Socialista de Foz e o señor Cancio, que incluso interpretou o seu papel favorito: o de mestre de cerimonias presentando o acto. Cónstanos que, ao ser solicitado o salón de actos da Casa da Cultura para un acto benéfico, o Concello de Foz actuou con toda a boa intención cedendo esas instalacións municipais, a pesar da opacidade dos organizadores. Pero, posteriormente, descubriuse que realmente era un acto político do PSOE para a promoción do seu candidato á Alcaldía, o que é escandaloso. Chámanos a atención que os socialistas usen actos benéficos para proxectarse politicamente de cara as eleccións municipais, o que é algo completamente vergonzoso. O que fixo o PSOE  este domingo pasado foi intentar maquillar como un concerto benéfico o que verdadeiramente tiñan programado: un acto político. O grave e que, presuntamente incumprindo o regulamento de policía e espectáculos, superasen o aforo permitido tendo á xente de pé,  co conseguinte cabreo xa que pagaron a mesma entrada que os que estaban sentados e con risco para a súa propia seguridade. Pero quizais sexa máis grave que, neste acto dos socialistas, se cobraran 8 euros de entrada. E sinalamos isto porque a día de hoxe descoñecemos quen estableceu ese prezo da entrada, o cal é moi superior ao que se cobra pola mesma actuación noutras localidades, como por exemplo en Viveiro, onde o prezo é de 5 euros, ou en Vilagarcía de Arousa, de 6 euros. Así o recoñeceu publicamente o propio señor Cancio no acto celebrado en Foz, pero non foi capaz de explicar os motivos desta diferenza no prezo. O que está totalmente claro é que foi un acto de proxección política oculto detrás dun acto benéfico, mal organizado e cobrando a discreción, o que nos parece vergonzoso; esperemos que este feito non sexa un aporte máis á financiación dunha campaña electoral.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar