• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Opinión | "Galicia ten equipo", por José Manuel Balseiro

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 10 abr 2017

Dende hoxe, á lista de homes e mulleres comprometidos co servizo público súmanse tres nomes máis: Jesús Vázquez Almuíña (Sanidade), Ángeles Vázquez (Medio Rural) e José Manuel Rey (Política Social). Renóvase o Goberno de Galicia cun equipo de dez consellerías, idéntico número a cando, no ano 2009, comezou o mandato do Partido Popular e tres menos das que tivo o bipartito. Renóvase o Goberno galego para acentuar o seu carácter social, para adaptarse ao cambio de ciclo económico, para dar maior valor e peso específico ao medio rural e á pesca, e redefinir as prioridades sobre o territorio e os aspectos ambientais. O presidente Feijóo explicou con grande acerto que o novo contexto para Galicia esixe novas políticas, actitudes e persoas. Unha renovación que impulsará a acción de goberno, revitalizando as áreas nas que hoxe os cidadáns esixen centrar as prioridades. A estes dez homes e mulleres se lles encomenda o privilexio de traballar desde o Goberno galego. Pero xunto a eles e, entre todos, estamos obrigados a seguir avanzando, afondando na máxima eficiencia, na blindaxe dos servizos públicos e na busca dun camiño que nos permitira encarar a recuperación económica e facer que esta chegue a todos, en igualdade de oportunidades e condicións. Todos sabemos que quedan moitos retos por diante. Tamén na Mariña lucense: en materia de infraestruturas sanitarias, viarias, na potenciación do emprego e dos sectores produtivos. No fortalecemento dos servizos públicos e de benestar. Deberes que seguirán a ser obxectivo deste novo Goberno. A tarefa é esperanzadora pero difícil. E son moitas as galegas e os galegos que confían e así o esperan.  O Presidente Feijóo ten demostrado unha vez máis que hai equipo. Hai ganas de seguir transformando Galicia a mellor.   Jose Manuel Balseiro Orol Secretario do Parlamento de Galicia

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar