• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz |

No es necesaria una moción de confianza

El primer teniente alcalde, Pedro Fernández Manín, ante la petición de una moción de confianza, ha dicho que “el ayuntamiento no tiene necesidad en estos momentos de una moción de confianza porque tiene unos presupuestos aprobados del año pasado”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Orzamentos que  o actual concelleiro de UNIFOZ, Jaime Cancio, votou en contra, e non se da conta de que durante a lexislatura anterior estiveron gobernando, e el tamén pois foi primeiro tenente de alcalde, cuns orzamentos aprobados daquela maneira no 2008. Por conseguinte non cremos desde o grupo de goberno que o señor Cancio estea moi lexitimado para chamarnos a atención a nosoutros sobre o que gastamos”. Para Pedro Fernández Manín “é incrible ao que este señor di que non: fala do plan de emprego, pero cando se aprobaron os presupostos do ano pasado o señor Cancio votou en contra e despois dicía que o plan de emprego non era válido. Agora tivo a oportunidade porque nos orzamentos que presentamos para este ano ía un plan de emprego e este señor tamén votou en contra. Entonces el o quere é facer o asalto ao sillón e gobernar, pero para iso hai que contar cos votos. El xa estivo en todos os partidos e xa tiña practicamente negociada hai pouco tempo a moción de censura para ser alcalde, pero o que pasou foi que non encontrou a persoa, por se non o votaban a el, para que o fora o home de palla e gobernar el”. O primeiro tenente de alcalde considera que Jaime Cancio debería “apoiar ao equipo de goberno, poñer propostas sobre a mesa que se poidan levar a cabo e deixar de dicir no a todo. Eu recomendaríalle ao señor Cancio que empece a traballar por Foz, que se deixe de criticar o que se fai, porque todos os veciños saben perfectamente como traballa este señor, como traballaba cando facía as festas e como facía a recadación. A xente que foi agora a pedir sabe perfectamente o que contestan en moitos sitios. Por conseguinte eu rogaríalle ao señor Cancio que apoie e que traia propostas para facer e debe saber como están as arcas do Concello de Foz e sabe que votou en contra do plan de axuste e dos presupostos. El di no a todo para intentar queimar ao equipo de goberno. Pídolle que cambie a actitude e que apoie e traballe para o Concello de Foz e para todos os veciños”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo Deportes COPE

Deportes COPE

Con José Luis Corrochano

Escuchar