• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

Los vecinos crean una comisión vecinal en defensa de los servicios sanitarios para que el Ayuntamiento no pierda uno de sus médicos

Responsables del SERGAS justifican la reducción de facultativos, dicen que “la optimización de recursos garantiza la calidad de los servicios”. La comisión vecinal, mientras no se resuelve la situación, convoca concentraciones a las 12:00 horas a las puertas del Centroo de Salud de San Ciprián y Cervo. A parte de la protesta, hoy jueves a las 20:00 horas en la Casa de Cultura de San Ciprián, reunión informativa para dar a conocer el transcurrir de la situación e intercambiar las ideas y opiniones ante el asunto.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A Asociación de veciños de Cervo e Sargadelos anuncia a creación da chamada Comisión veciñal en defensa dos servizos sanitarios de Cervo, “o que comezou sendo un problema só para os veciños de Cervo, xa que nos preocupaba a perda do médico do noso centro de saúde, estase a converter nunha preocupación para tódolos habitantes deste concello. As medidas a tomar pola actual Xunta de Galicia apuntan a que ó final nos quedaremos cun médico menos, pasaremos de 4 a 3”. O pasado luns foi convocada unha reunión para tódolos colectivos veciñais do concello co obxecto de poñer enriba da mesa esta situación, “o noso único fin é que se manteñan os servizos tal e como estaban. Creamos esta comisión para seguir loitando nesta dirección e a día de hoxe somos 21 os colectivos que firmamos este acordo”. Esta vintena está composta por diferentes axentes sociais do concello, “asociacións de veciños, asociacións de mulleres, colectivos culturais, deportivos, partidos políticos, sindicatos. Todos apoiamos a idea de que os nosos servizos sanitarios non se poden ver mermados. Lembramos a aqueles cos que non poidemos contactar ou que non poideron acudir á xuntanza, que as portas están abertas. Por suposto, non se pecharán a ninguén que queira loitar por ese denominador común que é a sanidade pública do noso concello”. Dende a Asociación de Cervo e Sargadelos lembran que “hai dous días, varios representantes dos veciños conseguimos forzar unha reunión con responsables do SERGAS que acudiron ó centro de saúde de San Ciprián. Só nos quixeron tratar de convencer de que con tres médicos poderemos estar mellor que con catro grazas á optimización e rentabilidade dos servizos”. Engaden que “a única verdade é que con menos facultativos o servizo verá mermada a súa calidade pois a carga de traballo será moito maior para cada un deles. Se hoxe temos as listas de espera que temos non queremos saber qué pasará cando se vexa reducido o cadro de persoal”. Ademais de malas novas, “quérennos facer calar con mentiras a medias. Queremos un compromiso real e efectivo que manteña os servizos que tiñamos hai duas semanas”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE