• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | Permitirá a la flota gallega continuar con su actividad

Los socialistas reclaman intercambios de cota de caballa con los demás países de la UE

El portavoz de pesca del Grupo Socialista, Jorge Val Alonso, considera que la caída de la cota de caballa en un 25% en 2013 evidencia el “fiasco” de las gestiones de la Consellería del Mar

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

Val ALonso, presentou unha proposición non de Lei no Parlamento de Galicia na que reclama a apertura de negociacións cos demais países da UE que teñen cota de xarda “para realizar os oportunos intercambios que permitan manter a actividade da nosa flota”. O responsable socialista advertiu do “fiasco” das xestións da Consellería do Mar, que logo de que España acadara unha cota insuficiente de 30.278 toneladas en 2012, consumida en apenas un mes, para o ano 2013 “as nosas embarcacións teñen un 25 por cento menos de cota de xarda para pescar (22.709 toneladas)”. Dixo que este fracaso do goberno contrasta co “gran alarde que ten feito o Goberno galego e a súa conselleira Rosa Quintana tanto nas súas declaracións públicas como mesmo en sede parlamentaria sobre o éxito das súas negociacións”. Puntualiza que este “éxito” foi seriamente discutido pola flota, que comezou a campaña de xarda amarrada a porto como mostra de descontento e presionar á Xunta para defender os nosos intereses. Estudo científico O portavoz de Pesca propón tamén que o goberno galego elabore un estudo científico sobre o stock desta pesqueiría para “poder defender o bo estado no que se atopa, descrito repetidamente polos nosos profesionais”. Esta é a única vía, engade, de “garantir un aumento das posibilidades pesca desta especie nos vindeiros anos”, por canto supón “boa parte dos ingresos da flota de arrastre, cerco e mesmo artes menores”.      

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE