• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Los ayuntamientos celebran el Día del Árbol con varias plantaciones

- Un limonero y una hguera fueron los árboles que han plantado en Burela los alumnos del CEIP Vista Alegre y de la Asociación de Ayuda al Enfermo Mental. - Un grupo de jóvenes del CEIP Gregorio Sanz han asistido a un taller práctico sobre árboles y mañana plantarán 15 camelias - Unos 220 escolares de Cevo han celebrado el Día de los Bosques plantando árboles autóctonos en el monte Escarabelada

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 27 may 2017

Desde a Concellería de Medio Ambiente de Burela lembran que “o día mundial da árbore, tamén coñecido como día forestal mundial, foi, en principio, unha recomendación do Congreso Forestal Mundial que se celebrou en Roma en 1969. Escolleuse o 21 de marzo, primeiro día da primavera no hemisferio norte e o 1º día do outono no hemisferio sur; aínda que moitos países celébrano en datas diferentes. O primeiro país en facer oficial esta celebración foi Suecia no ano 1840”. Durante toda a semana pasada o alumnado de 2º a 6º de primaria dos dous centros de ensino: Virxe do Carme e Vista Alegre e os usuarios da  Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña participaron no xogo de pistas Qué árbore é? que rematou no día de hoxe coa plantación dunha  árbore. Un limoeiro no caso do CEIP Vista Alegre que plantaron os alumnos de 4º B acompañados da súa mestra, da concelleira de Medio Ambiente, Patricia López, que lles fixo entrega dun diploma pola súa participación, de persoal directivo do centro e das monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia. E unha figueira foi plantada por unha das dúas finalistas da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, acompañada do resto dos membros da asociación (usuarios, monitores e a presidenta como convidada de honor). Os rapaces e rapazas do CEIP Virxe do Carme plantarán mañá, venres, un acivro. Desde a Concellería de Medio Ambiente indican que “estas actividades sempre teñen repercusión e son do gusto do entorno escolar polo seu interese educativo. Aparte do coñecemento do valor da árbore, serven, por exemplo, para introducir ao alumnado dende idade temperá no coñecemento e respecto polas árbores”. Esta data foi aproveitada polas monitoras do Centro de Educación Gaia para  plantar  hoxe en cada centro  a primeira hora da mañá as árbores doadas pola Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela,  “e comunicar de forma eficiente a importancia  dos nosos bosques, sensibilizar ao alumando e ao público en xeral  acerca do valor das mesmas e espertar o interese pola riqueza arbórea do noso entorno afondando no coñecemento das mesmas”.   O CEIP Gregorio Sanz e o Concello de Ribadeo celebraron xuntos o día forestal mundial. Un grupo de rapaces e rapazas do centro asistiron esta mañá a un taller práctico impartido polo edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, “no que lles ensinamos aos alumnos e alumnas a conseguir unha árbore a partires da semente e tamén cómo lograr a mesma variedade realizando enxertos”. O concelleiro nacionalista sinalou que “aos nenos e ás nenas do Gregorio Sanz gustoulles moito esta actividade organizada para celebrar o día forestal mundial”. Será mañá, venres, cando os rapaces e as rapazas do centro planten 15 camelias nos xardíns do colexio e tamén un bidueiro. O Concello de Cervo celebrou hoxe o Día Internacional dos Bosques coa plantación de 60 árbores autóctonas no monte de propiedade municipal Escarabelada, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos. Un acto no que os protagonistas foron os máis de 200 escolares de infantil e primaria dos colexios de Cervo, que foron os encargados de botar as plantas, a meirande parte castiñeiros, coa axuda do persoal do distrito forestal VI de Viveiro e do obradoiro de emprego. En concreto, participaron neste acto a xefa do distrito, dous axentes e dúas brigadas forestais, así como profesores e alumnos do obradoiro de emprego do módulo de conservación e mellora de montes. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o xefe territorial da Consellería do Medio Rural, Ramón Losada tamén acudiron a este acto co que se pretendía “por unha banda concienciar aos nenos e nenas da importancia de coidar e preservar o noso medio natural” e ao mesmo tempo “contribuír con accións reais a, pouco a pouco, recuperar o bosque atlántico típico desta zona e con el, a paisaxe natural tradicional da Mariña” tal e como explica o rexedor. A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, pola súa banda, subliñou tamén a necesidade de “apostar polo carácter produtivo e sostible dos recursos forestais” buscando a rendibilidade económica porque “o monte, ademais de riqueza patrimonial e cultural, representa tamén unha actividade empresarial que xera moitos postos de traballo –arredor de 18.000 entre directos e indirectos na provincia lucense- e axuda a fixar poboación no medio rural”. Ademais da plantación realizada hoxe, entregouse a cada neno unha árbore, de xeito que se repartiron entre os escolares máis de 200 plantas de especies variadas como castiñeiro, carballo do país, carballo americano, acivro, teixo, sequoia, oliveira, sobreira, freixo ou piñeiro. Unhas árbores que poderán sementar na casa coa axuda dos maiores.  Cabe destacar que todas estas árbores foron achegadas polo Servizo Provincial de Montes, dependente da Consellería do Medio Rural. Un departamento que doou un total de 900 árbores, das cales 300 son pradairos, 300 castiñeiros e outros 300 ameneiros. Así, ademais dos exemplares sementados hoxe neste acto o Concello ten previsto plantar todos os demais exemplares, que se repartirán entre o monte Escarabelada, de propiedade municipal e de 9 hectáreas de superficie, e o monte comunal A Bidueira. Ao mesmo tempo o mandatario cervense lembra que “o Concello ten en marcha un ambicioso proxecto de recuperación do bosque de natureza atlántica a través de diversas accións que se veñen desenvolvendo nos últimos anos e entre as que se atopan a repoboación dos montes cervenses utilizando especies autóctonas”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar