Castiñeira explicou que o goberno municipal focense “non ten ningún tipo de comunicación, nin interna nin oficial nin externa, por parte da Xunta de Galicia sobre a xestión integrada das áreas sanitarias. Polo tanto nós non podemos facer ningún tipo de valoración neste sentido e a única noticia que nosoutros temos con respecto ao Hospital da Costa é a intención do goberno de Núñez Feijoo, da Consellería de Sanidade, de elaborar un plan director para ampliar o Hospital da Costa” O rexedor local de Foz tamén comentou que “esiximos á Consellería de Sanidade que manteña os servizos e que siga elaborando ese plan director para que nesta lexislatura, tal como se comprometeu, se faga a ampliación do Hospital da Costa”. Tamén lembrou que “xa hai moitos anos que algúns din que o hospital vai pechar, que nos van quitar servizos; en cambio estamos vendo que é o contrario: estanse ampliando servizos, estanse facendo obras no Hospital da Costa e estase elaborando un plan director para a súa ampliación”. Por todo isto Javier Castiñeira dixo que “a tranquilidade é absoluta neste sentido. O máis importante para a sanidade focense agora mesmo é que para o Hospital da Costa se contemple unha ampliación, como así se está a facer, e do resto pediremos información sobre o que é significa esa area sanitaria conxunta e cales son os pros e as contras”.