• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros-Lourenzá | Será más interesante acuerdos puntuales para servicios conjuntos

Fuente Parga y Álvarez Chao, ambos del PP, no se entienden sobre la fusión de ayuntamientos

El alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, fue el primero en lanzar la piedra sobre una posible fusión entre los ayuntamientos de Lourenzá y Barreiros, piedra que la alcaldes laurentina, Emma Álvarez, rechaza al decir que “en ningún momento se analizó la posibilidad de fusionar Lourenzá con Barreiros ni con otro ayuntamiento”. El regidor barreirense cree que es el momento de hablar y explicar a los vecinos en que consisten los procesos de fusión y concoer su opinión.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, aclarou esta mañá que o goberno municipal non analizou en ningún momento a posibilidade de fusionar este concello co de Barreiros nin con outro municipio. Emma Álvarez explicou que “nunha cea particular celebrada en outubro do ano pasado en Cervo, na que estábamos Alfonso Fuente Parga, José Manuel Yanes Ginzo e eu mesma coas nosas respectivas parellas comentei de maneira informal que íamos ter que acabar pensando en fusionar Barreiros, Trabada e Lourenzá. Pero en ningún momento foi unha proposta oficial e sorpréndeme que agora saia a relucir esta cuestión como si fose algo no que esteamos traballando, porque no caso de Lourenzá non é así. En ningún momento o goberno municipal falou deste asunto”. A rexedora municipal de Lourenzá considera que “o interesante agora mesmo é acadar acordos entre os diferentes concellos para prestar servizos conxuntamente, como xa estamos facendo actualmente con municipios como Trabada, Barreiros, Alfoz ou Mondoñedo para asuntos como a recollida de lixo ou o obradoiro de emprego. E si no futuro é necesario chegar a fusionar Lourenzá con outros concellos haberá que analizalo con moita calma e tendo en conta a opinión dos veciños, que son aos que nos debemos os alcaldes”.   O alcalde, Alfonso Fuente, considera que chegou o momento de falar das posibles fusións entre concellos similares coma é o caso de Barreiros e Lourenzá. O rexedor di que “non podemos é agardar a ver qué é o que nos impoñen desde Madrid ou que é o que nos impoñen desde outros sitios”. Fuente Parga sinalou que “isto ben un pouco ao fío do que está a saír estes días deste anteproxecto que quere presentar o goberno central. Hai un tema que está aí e que pode estar encuberto en dito anteproxecto que é a fusión obrigatoria de concellos, ou a fusión xa case por desaparición porque podería chegar a desaparecer algún”. O alcalde explicou que “retomando unha conversa que mantiven coa alcaldesa de Lourenzá e co alcalde de Trabada falamos dista posible fusión, o de Trabada recoñecía que Trabada ten máis caída cara Ribadeo. Pero este é un tema que non podemos deixar no caixón. Hai que abrir o caixón e falar desta cuestión porque o que sería malo tanto para Barreiros como para Lourenzá é que acabásemos tendo que ser fusionados á forza e sobre todo cun concello de maior entidade. Iso nos levaría a ser unha parroquia dese novo concello. Lourenzá e Barreiros, que teñen unha poboación similar, que estamos pegados e que xa estamos a compartir servizos, ao mellor tiñamos que empezar a falar abertamente disto. Tendo en conta a opinión de todos os veciños. A alcaldesa de Lourenzá fala de facer un referendo e a min iso me parece acertado, nunca facendo nada en contra da opinión dos veciños”. O rexedor barreirense indicou que “debemos explicarlles aos veciños qué sucede cando se produce unha fusión de concellos, qué pasaría si se fusionasen Lourenzá e Barreiros, qué pasaría si nos unen a un concello coma Foz ou Ribadeo… neste caso case poderíamos falar de absorción. Hai que explicarlles cales son os pros e os contras deste proceso laborioso. Acabamos de ver cómo dous concellos da Coruña xa levan un tempo con todo isto”. Para Alfonso Fuente Parga “hai que empezar a falar destes temas, non podemos estar máis tempo mirando cara outro lado e cando falo de Barreiros e de Lourenzá tamén haberá que falar doutros moitos concellos na  provincia de Lugo. O que non podemos é agardar a ver qué é o que nos impoñen desde Madrid ou que é o que nos impoñen desde outros sitios. Hai que empezar a analizar esta cuestión e ao mellor nós temos tamén solucións moi boas que non nos teñen que explicar desde ningún sitio. Igual somos nós os que temos que dicirlle ao goberno do Estado ou á Xunta miren que nós sí que estamos de acordo, non queremos que nos impoñan nada, nos vamos arranxar aquí, imos suprimir un goberno municipal porque cremos que un é suficiente e deixaremos igual as dúas unidades administrativas para que os veciños non perdan nada e todo iso hai que analizalo. Estamos diante dun proceso lento, pero que hai que abordar e isto é o que eu poño enriba da mesa”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar