FOZ | La ruta de vinos organizada por el ACIA termina este sábado 23 de marzo

cope.es cope.es

Tiempo de lectura: 1' Actualizado 01:12

O sábado, 23 de marzo, remata en Foz a segunda edición da Ruta dos Viños na que están a participar 29 establecementos hostaleiros focenses. Entre os clientes que selaron a tarxeta en tódolos locais sortearanse varios premios: o primeiro é de 300 euros en vales de compra e diploma de “Ruteiro Maior”, ao segundo corresponderanlle 150 euros en vales de compra e haberá 4 premios de 100 euros cada un en vales de compra para utilizar nos establecementos participantes. O sorteo será o 26 de abril. Por outra banda, o número de socios de ACIA Foz segue medrando. A directiva deulle a benvida a un novo asociado: A Marexada, “coas tapas da cociña de Casa Palmira e as copas de Higinio”.

Lo más