• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz | La Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza un debate sobre "El presente y futuro de la Sanidad Pública" mañana viernes a las 20:30 horas en el CENIMA

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O presente e futuro do sistema sanitario público, nun momento como o actual no que se está a por en cuestión a súa sostibilidade e no que baixo este pretexto se están  aprobando medidas que limitan a súa universalidade e equidade e que conducen á súa privatización, será o eixo central deste debate ao que  a Asociación Cultural Arco da Pomba quere convidar a todos os mariñáns e no que  intervirán Iago Villamíl, médico do Servizo de Medicina Interna do Hospital da Costa, Víctor Vila, médico de Atención Primaria e Atilano Fernández, presidente da Comisión Focense de Sanidade. A sanidade pública é un debate de primeira magnitude no que todo o mundo se debe implicar e que cobra especial importancia no concello de Foz, en canto o seu desmantelamento comezou hai  máis de dúas décadas, en 1.991, coa supresión do servizo de urxencias e proseguiu cando a Consellería de Sanidade modificou o mapa sanitario e deixou a todos os focenses sen Punto de Atención Continuada (PAC). Desde a Asociación Cultural Arco da Pomba lembran que expertos en xestión sanitaria e o propio persoal facultativo está a propoñer novos modelos sanitarios e medidas que contribúen a conter o gasto sanitario pero que non afectan á atención sanitaria nin á seguridade dos pacientes e cuxa efectividade está demostrada, mais non están a ser escoitados polos gobernos. É preciso ser cauteloso á hora de aprobar medidas para que os recortes no eido sanitario non cheguen a incrementar até as taxas de mortalidade como xa aconteceu en outros países. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo