• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Alfoz | Hoy se abre el plazo para solicitar plaza

En el curso 2013-2014 se pondrá en marcha la escuela infantil de Alfoz

Según el Consorcio Gallego de Servicios de Igualdad y Bienestar para el curso 2013-2014 entrará en funcionamiento la nueva escuela infantil de Alfoz, integrada en la red de escuels infantiles de Galicia “A Galiña Azul”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Hoxe, xoves, 21 de febreiro,  ábrese o prazo para solicitar praza nas escolas infantís 0-3 da Rede Galiña Azul. Os requisitos e procedementos para solicitar prazas foron publicados no Diario Oficial de Galicia núm. 33, do 20 de febreiro de 2013.

Segundo a información que facilitou o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, para o curso escolar 2013/2014, poñerase en funcionamento a nova Escola Infantil de Alfoz, integrada na Rede de Escolas Infantís de Galicia “A Galiña Azul”. Será en horario de 7:30 a 18:00 horas, e permanecerá aberta de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario laboral e os días 24 e 31 de decembro. O curso dará comezo o xoves, día 5 de setembro.

Os requisitos para ser adxudicatario son:
                 Que a crianza estea nada no momento da presentación da solicitude.
                 Que teña unha idade mínima de tres meses no momento do ingreso.
                 Que non teña cumpridos os tres anos de idade ao 31 de decembro de 2013.
Non obstante, poderá eximirse do límite de idade dos tres anos ás nenas e ós nenos con necesitades específicas de apoio educativo.
Terán prioridade na adxudicación de prazas aqueles nenos e nenas empadroados/as no concello de Alfoz xunto con polo menos un dos proxenitores.
Os interesados poderán solicitar praza a través do modelo normalizado recollido na resolución do 28 de xaneiro de 2013. Presentarase o Anexo I acompañado coa documentación requirida no Anexo II, e demais anexos se proceden, en cada unha das escolas para as que se solicita a praza. Os impresos facilitaranse nos propios centros nos que se solicite praza e nos enderezos electrónicos http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantis.net.
Para máis información poderán dirixirse á Casa do Concello de Alfoz en horario de 8:30 a 15:00 horas ou no teléfono 982.55.85.81, de luns a venres ou o sábado de 10:00 a 13:00 horas.

 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar