• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CERVO | La Concejalia de Educación tiene abierto el plazo de inscripción para el PAI. Las solicitudes y documentación deben entregarse en el Registro General del Ayuntamiento hasta el 15 de mayo.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

É importante destacar que as prazas adxudicaranse por orde de entrada da solicitude no Rexistro, comezando polas presentadas en primeiro lugar e en base ao número de prazas vacantes. Hai que ter en conta tamén que o alumnado que renova a praza do curso anterior ten preferencia na súa concesión. En canto aos requisitos, é imprescindible que toda a unidade familiar estea empadroada no Concello de Cervo. Solicitudes Á hora de presentar a solicitude de reserva da praza ou de novo ingreso é necesario achegar documentos como son a copia do carné de vacinación actualizado, así como documentos acreditativos, de ser o caso, de ter cargas familiares; invalidez ou minusvalía dos pais, titores e/ou outros membros da unidade familiar mediante certificado expedido pola comunidade autónoma de Galicia; situación de desemprego dos pais ou titores; condición de familia monoparental, entendida como a formada polo pai ou nai solteiro que non manteña situación de convivencia ou situación de separación, divorcio ou viuvez; e no caso de familia numerosa, fotocopia cotexada do título. Ademais, no caso de non asinar a autorización para obter documentación e información das distintas administracións públicas, o solicitante deberá achegar un certificado da Axencia Tributaria das rendas de cada membro da unidade familiar do último exercicio vencido e o certificado de empadroamento de tódolos membros da unidade familiar. Ao mesmo tempo, as solicitudes de novo ingreso requiren a presentación da fotocopia do DNI/NIE da nai, pai e, se é o caso, dos representantes legais; fotocopia cotexada do libro de familia, onde apareza o alumno para o que se solicita o ingreso, ou   documento que acredite a situación familiar; certificado médico do neno que informe de que o menor non padece enfermidade infecto-contaxiosa. Tamén deberá informar si o menor padece algún tipo de alerxia alimentaria (lactosa, glute…) ou física (aos materiais como pintura, ceras…); copia da tarxeta da Seguridade Social do neno ou documento equivalente e dúas fotografías tamaño carné.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar