Burela | La concejalía de cultura y educación pone en marcha dos certámenes de navidad dirigidos a los más pequeños: unos sobre postales y otro sobre poemas. Los trabajos deberán entregarse en la biblioteca municipal

cope.es cope.es

Tiempo de lectura: 1' Actualizado 17:38

A Concellería de Cultura e Educación pon en marcha estes días co gallo das próximas festas de Nadal, dous certames destinados aos máis pequenos do municipio. Levaranse a cabo dous concursos, un artístico e outro literario, nos que poderán participar dende nen@s de educación infantil ata rapaces de 16 anos. Os traballos deberán ser entregados na Biblioteca Municipal de Burela, antes do 12 de decembro no caso do certame artístico dedicado ás postais de Nadal, e antes do 22 de decembro no caso do certame literario dedicado aos poemas sobre estas festas. Dende a Concellería de Cultura e Educación informan que o primeiro certame estará dedicado á modalidade artística do deseño de postais de Nadal. Nel poderán participar os nen@s do concello en cinco categorías distintas: educación infantil ata 3 anos, e de 4 a 5 anos, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria e 5º e 6º de Primaria. Neste certame estableceranse dous premios por categoría e os traballos deberán dirixirse á Biblioteca Pública antes do 12 de decembro. Os debuxos gañadores serán expostos ao público na Sala de Arte da Casa da Cultura durante as vacacións de Nadal. No segundo certame, dedicado á poesía poderán participar tódolos rapaces que presenten poemas orixinais sobre o tema xenérico do Nadal. Neste concurso estableceranse tres categorías: A (ata 8 anos), B (de 9 a 11 anos) e C (de 12 a 16 anos). O prazo de presentación dos poemas remata o 22 de decembro e os traballos deberán ser entregados polos seus propios autores na Biblioteca de Burela. Os textos gañadores nesta fase local serán enviados para concursas na fase provincial do certame convocado pola Biblioteca de Lugo. Os interesados en participar nestes dous certames, poden recibir máis información achegándose á propia Biblioteca Pública Municipal de Burela.

Lo más