• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | El alumnado de los CEIPs de Burela, la Asociación A Mariña y la Fundación Eu Son participarán en el juego de pistas de Gaia para celebrar el Día del Árbol

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 10 abr 2017

As monitoras do Centro Gaia organizan o xogo  baixo o título ¿Que árbore é? para conmemorar o Día da Árbore. Segundo explican “trátase dun xogo de pistas relacionadas cunha árbore que os participantes terán que adiviñar. As pistas colócanse ao longo de toda esta semana nuns paneis á entrada de cada centro de ensino”. As monitora de Gaia sinalan que “a través desta actividade  preténdese sensibilizar aos alumnos da importancia de respectar a natureza que nos rodea. Os bosques cobren un terzo da superficie terrestre do planeta e xogan un papel fundamental na vida de moitos dos seus habitantes. Dende un punto de vista biolóxico,os bosques son os ecosistemas terrestres máis diversos,onde se albergan máis do 80% das especies animais e vexetais”. Neste xogo de pistas participa o alumnado dos dous Ceips Vista Alegre e Virxe do Carme, a Asociación A Mariña e a Fundación Eu Son. Desde Gaia engaden que “unha vez que rematen as pistas, as monitoras serán as encargadas de desvelar quen son os gañadores. Este xoves, día 19, e o luns, día 23, son as xornadas nas que se prantarán as árbores en ditos centros, cedidas pola Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar