También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Pontenova |

La Xunta de Galicia va a entregar, el martes 8 de marzo, los títulos de propiedad de la concentración parcelaria a los vecinos de Bogo

La Consellería de Medio Rural realizó una inversión de más de 3,2 millones de euros en la zona concentrada, donde creó una red de 64 kilómetros de caminos. La delegada territorial de la Xunta, Raquel Arias, señalo que este proceso “posibilita un incremento de la producción agraria y una mejor ordenación de la tierra en función de su utilización”
  • cope.es
  • cope.es

Un total de 365 veciños e veciñas de Bogo, na Pontenova, recibirán o próximo martes, día 8, os títulos de propiedade das fincas resultantes do proceso de concentración parcelaria. A Consellería do Medio Rural culmina así un proceso no que investiu máis de 3,2 millóns de euros en diversas actuacións, entre as que figura a creación dunha rede de camiños de 64 quilómetros de extensión.   A concentración parcelaria posibilitou a reorganización de 2.088 hectáreas de superficie, nas que había 9.784 parcelas que quedaron reducidas a 1.245 fincas, pasándose deste modo dunha superficie media inicial de 2.114 metros cadrados por parcela a unha superficie media de 16.771 metros cadrados. En consecuencia, viuse tamén reducido o número de fincas por titular, sendo agora a media de 3,41 fronte ás 27,95 parcelas anteriores ao proceso. O principal uso destes terreos é o aproveitamento forestal, aínda que tamén hai terras dedicadas a labradío e prado.   Ao respecto, a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, destacou que “tras esta última agrupación parcelaria A Pontenova ten resolta a concentración no 80% da superficie total do concello”. A delegada subliñou que a Consellería do Medio Rural está a axilizar os procedementos de concentración abertos, “que posibilitan un incremento da produción agraria e unha mellor ordenación da terra en función dos usos”, xunto cunha aposta polas figuras de reestruturación parcelaria que incorpora a nova Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia. Neste sentido, indicou que estes procesos “incrementan a rendibilidade económica e social, revalorizan as fincas concentradas, facilitan o acceso aos seus propietarios e serven de impulso para a implantación de novas explotacións e proxectos de carácter empresarial no ámbito rural”.   A entrega de títulos en Bogo realizarase na escola de Vilarxubín a partir das 9,30 horas da mañá. Os beneficiarios deben identificarse co seu Documento Nacional de Identidade ou enviar en representación súa a persoas autorizadas que presenten a pertinente autorización e copia do DNI do titular representado.  No caso de propietarios que faleceran, poderán recoller os títulos os seus herdeiros, presentando documentación acreditativa de tal circunstancia.

Lo más visto

  • El Html Mod no se ha encontrado