• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Cervo |

O XIV ENCONTRO DE PALILLEIRAS REUNIRÁ A MÁIS DE 700 ARTESÁS EN CERVO

A xuntanza terá lugar este sábado, 1 de abril, no pavillón da Veiga de San Ciprián, coa venda de produtos relacionados coa actividade nunha carpa anexaTécnicos municipais están a traballar na adecuación das instalacións que albergarán o eventoEstímase que unhas 2000 persoas visitarán o municipio nesta fin de semana

Encuentro de Palilleras

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 15:20

Operarios municipais están a traballar estes días na posta a punto das instalacións, adecuando o pavillón da Veiga de San Ciprián que albergará  o evento, para que as palilleiras poidan traballar coa máxima comodidade.

Tamén se instalou, así mesmo, unha carpa de gran tamaño na que se ubicarán medio cento de postos de venda de produtos relacionados coa actividade, procedentes de todo o territorio nacional, que están cubertos xa dende hai semanas.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil delegada de Muller e Igualdade, Pilar Armada, estiveron supervisando os traballos de acondicionamento que avanzan a bo ritmo, e xa anunciaron que se tivo que pechar a inscrición  “porque o aforo do pavillón está completo con máis de 700 encaixeiras procedentes de toda Galicia, e tamén doutras comunidades, fundamentalmente Asturias e Castela León.”

Nesta liña Villares indicou que, un ano máis, recibimos moitísimas chamadas de asociacións interesadas en participar no Encontro esta fin de semana, quedando incluso algunhas fóra, “é moita a expectación que xera este evento no que levamos meses traballando, e é gratificante ver que ese esforzo se ve amplamente recompensado porque nos consta que as palilleiras que veñen a Cervo, quedan con ganas de repetir, e, de feito, a maioría volven visitarnos”.

Con 14 anos de historia, o Encontro de Palilleiras é un evento máis que consodidado en Cervo -engadiu-, “que cada ano atrae a milleiros de visitantes ao noso Concello, que se convirte esa fin de semana na capital deste arte, unha tradición artesanal que cremos primordial que se manteña viva”.

“O que pretendemos dende este equipo de Goberno é promover eventos que, ademais do inherente valor cultural e tradicional, revirtan económicamente en Cervo e no seu tecido empresarial como é o caso, xa que estimamos que entre palilleiras, acompañantes e visitantes, esta fin de semana visitarán o noso Concello unhas 2000 persoas, que poderán coñecer tamén os atractivos turísticos, gastronómicos e patrimoniais do municipio; conseguindo así, ao tempo, desestacionalizar o turismo; de feito, a ocupación hotelería rondará o 100% no noso Concello e na contorna”.

Ademais, -engadiu o rexedor- “dende o Concello fletaremos autobuses antes do xantar para que os asistentes poidan coñecer o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos e a Fábrica, referente non só de Cervo, senon de toda Galicia”.

Pola súa banda, Armada desgranou o programa sinalando que “ás 10:00 horas está prevista a recepción dos participantes e xa ás 12:30 do mediodía terá lugar a inauguración do  XIV Encontro de Palilleiras. Ata as 14:00 horas está previsto o enceto dos traballos das palilleiras. Logo de xantar e ata as 18:00 horas, as participantes estarán palillando no pavillón acondicionado para a ocasión.

Durante todo o día –engadiu Armada- “haberá exhibición de fiada de liño e la, a cargo das mulleres de San Bartolomeu de Insua, de Vilalba, e no transcurso de Encontro, faremos entrega de diplomas acreditativos aos mozos e mozas que veñan palillar, ademais de diversos sorteos que temos previstos”.

Ademais, a xornada estará amenizada polo Grupo Folclórico Airiños do Xunco, de Cervo.

Villares e Armada convidaron a todo o mundo a asistir a este Encontro no que se poderá “gozar da beleza dos traballos confeccionados por expertas palilleiras e da súa destreza en vivo, contribuíndo así á conservación e posta en valor deste oficio con gran tradición e  séculos de historia”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Reproducir
Directo Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE